miniatura|dereita|Banda de Música de Sarria. Unha banda de música é unha agrupación musical composta basicamente por instrumentos de vento e de percusión. Cada vez é máis habitual que se incorporen tamén instrumentos de corda fretada coma violoncellos ou contrabaixos. Á súa fronte sitúase un director/a.
En Galicia existe unha gran tradición de bandas de música, sendo a Banda Artística de Merza a máis antiga da comunidade, que segue en activo. Outras bandas importantes son a banda de música Unión Musical de Valadares, a Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas, a banda de música Municipal de Lalín, a Agrupación Musical do Rosal, a Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo, a Banda Unión de Guláns ou a Banda Escola de Música de Beade entre as bandas populares e a Banda de Música Municipal da Coruña ou a Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela entre as profesionais.
Instrumentación
Familia de vento madeira
Frautín Frauta Óboe Fagot Corno inglés* Requinto Clarinete Clarinete Baixo Saxofón Soprano* Saxofón Alto Saxofón Tenor Saxofón Barítono
Familia de vento metal
Trompa Trompeta Fliscorno Trombón (e Trombón Baixo) Bombardino Tuba
Familia de percusión
Timbais Láminas: xilófono, lira/glockenspiel, vibráfono ou marimba Caixa Pratos de choque Tam-tam (o mal chamado gong) Bombo Batería Congas Campás tubulares Pequena percusión: triángulo, castañolas, temple-blocks...
Familia de cordas No caso de ser unha banda sinfónica pode haber instrumentos de corda fretada:
Violoncello Contrabaixo
Corda punteada:
Arpa
Ou corda punteada:
Piano
*Só no caso de ser unha banda sinfónica
Véxase tamén Páxina da Federación Galega de Bandas de Música Populares Páxina da Artística de Merza
Categoría:Tipos de agrupación musical