Naruto (鳴門市, なるとし, Naruto-shi) é un concello da prefectura de Tokushima no Xapón. Está situado ó leste da rexión de Shikoku e ó nordés da prefectura, na illa de Shikoku. Ten 135,46 km² de superficie, unha poboación de 61.841 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 457 h/km².

O concello de Naruto limita cos concellos de Itano, Aizumi, Kitajima, Matsushige (que son da prefectura de Tokushima); de Higashikagawa (que é da prefectura de Kagawa); e polo mar co concello de Minamiawaji (este último é da prefectura de Hyōgo).

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Naruto .

Categoría:Prefectura de Tokushima Categoría:Concellos do Xapón