El Progreso é un diario creado en Lugo o 17 de agosto de 1908, voceiro do Partido Liberal, levando na súa cabeceira o subtítulo de "Diario Liberal". No momento presente, o xornal pertence ao Grupo El Progreso. A presidenta é Blanca García Montenegro. A sede editorial atópase na rúa Ribadeo, nos arredores do parque de Rosalía de Castro. O xornal cobre as informacións xeneralistas facendo fincapé no acontecido na provincia de Lugo.
Traxectoria Foi fundado en 1908 por Purificación de Cora Más-Villafuerte e Fernando Pardo Suárez, quen aos poucos deixa o proxecto desconforme co afastamento progresivo do xornal dos ideais liberais, polo que, dende entón, sempre permaneceu en mans da familia Cora.
Directores Ao longo da súa historia, o xornal tivo os seguintes directores:
José Gayoso Castro, 1908-1909 e 1911-1914. Fernando Pardo Suárez, 1909-1911. Antonio de Cora Sabater, 1914-1940, creador de Pelúdez. Purificación de Cora Sabater, 1940-1969. Xosé Trapero Pardo, 1969-1972. Pedro de Llano López, Bocelo, 1972-1980. José de Cora Paradela, 1980-1994. Fernando Salgado García, 1994-2000. Luis Rodríguez García, 2000-2019. Alfonso Riveiro, dende 2019
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo Ligazóns externas Páxina web do diario El Progreso
Categoría:Xornais de Galicia Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:Prensa escrita de Lugo Categoría:Grupo El Progreso Categoría:1908 en Galicia