O condado de Tipperary (en gaélico irlandés Tiobraid Árainn) é un condado da provincia de Munster (República de Irlanda). O condado está dividido en dous condados administrativos, o do Norte e o do Sur, aínda que o conxunto segue mantendo funcións relacionadas coa cultura e os deportes.

Os condados veciños de Tipperary son Offaly ao norte, Laois ao nordeste, Kilkenny ao leste, Waterford ao sur, Cork ao suroeste, Limerick e Clare ao oeste e Galway ao noroeste.

Xeografía miniatura|esquerda|268px|As Montañas Galtee vistas desde o Val de Aherlow. Tipperary é o sexto maior condado de Irlanda seguindo a súa area, e o undécimo por poboación. É o terceiro maior condado da provincia, por área, e o terceiro por poboación. A paisaxe forma parte da planicie central de Irlanda, aínda que posúe diversas serras: os Knockmealdown, as Galtee, os Arra Hills e a Silvermine. A zona meridional do condado está mollado polo Río Suir; mentres que a setentrional polos afluentes do río Shannon que se ensancha no Lough Derg. Non ten costas. A zona central é coñécese como 'o Val Dourado', unha rica terra de pastos da conca do Suir que se estende polos condados de Limerick e Cork.

Baronías

O condado posúe seis baronías históricas no Tipperary Norte: Eliogarty, Ikerrin, Alto Ormond, Baixo Ormond, Owney and Arra e Alto Kilnamanagh; e outras seis no Tipperary Sur: Clanwilliam, Baixo Kilnamanagh, Iffa e Offa Leste, Iffa e Offa Oeste, Middle Third, e Slievardagh.

Parroquias As parroquias foron trazadas tras o Down Survey como subdivisións intermedias, con múltiples aldeas (townlands) por parroquias e múltiples parroquias por baronía. As parroquias civís tiveron algún uso para impostos locais e foron incluídas nos mapas do século XIX da Ordnance Survey of Ireland (o organismo cartográfico gobernamental irlandés). Para os propósitos da poor law (sistema de axuda para os pobres), as divisións electorais de distrito substituíron as parroquias civís a mediados do século XIX. Hai 199 parroquias civís no condado. As aldeas son as divisións máis miúdas oficialmente de Irlanda, habendo un total de 3.159 neste condado.

Poboacións

240px|miniatura|Castelo de Ardfinnan Ballina - Bansha - Borrisokane - Borrisoleigh- Cahir - Carrick-on-Suir - Cashel - Castleiney - Clonmel - Clonmore - Clonoulty - Cloughjordan - Drom - Dundrum - Emly - Fethard - Golden - Hollyford - Holycross - Horse and Jockey - Killenaule - Kilmoyler - New Inn - Lisronagh - Littleton - Lorrha - Loughmore - Milestone - Nenagh - New Inn - Newport - Ninemilehouse - Rearcross - Roscrea - Rosegreen - Rossmore - Templemore - Thurles - Tipperary Town - Toomevara - Two-Mile Borris - Upperchurch - '''

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Tipperary Institute A website dedicated to the genealogical records of the county. It offers fragments of the 1766 census, the complete Down Survey, as well as a ream of other useful information Score for 'Quality of Life' in County Tipperary Gaelscoil stats

Tipperary