O Mesón de Augalevada é un lugar da parroquia de Carboentes, no concello pontevedrés de Rodeiro, na comarca de Deza. Segundo o INE, no 2008 tiña 3 habitantes (2 homes e 1 muller), o que supón unha diminución de 3 habitantes con respecto ao ano 2000.
Toponimia O topónimo "Mesón" pode facer referencia a un establecemento público onde se serve comida, ou tamén pode estar vinculado cun orónimo que fai referencia a unha zona chá e elevada, nunha relación figurada co termo meso semellante á existente entre meseta e mesa.
Lugares e parroquias Lugares de Carboentes
Parroquias de Rodeiro
Notas
Categoría:Lugares de Rodeiro
Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía