Luís Soto Fernández, nado en Podentes (A Bola) o 7 de decembro de 1902 e finado en Cidade de México o 12 de novembro de 1981, foi un político e xornalista galego.
Traxectoria
Fillo dos mestres José Camilo Soto Losada e Sara Fernández. Con catro irmáns, estudou o Bacharelato en Celanova e despois emigrou a Arxentina. Regresou e fíxose mestre, e deu clase en Buscalque (Lobios), Penosiños e Mondariz (1934-1936). Comezou a súa traxectoria política no PCE durante a República. Logo das eleccións de febreiro de 1936 e xunto con Francisco Bouzas Sánchez, foron homenaxeados pola Fronte Popular en Mondariz Balneario o 15 de marzo polo seu traballo na campaña electoral.El País, 19-3-1936, p. 1. miniatura|Soto con Castelao e Virxinia Pereira en New York. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido durante tres meses de emprego e soldo pola Comandancia Militar de Tui.El Ideal Gallego, 13-8-1936, p. 2."Maestros pontevedreses suspendidos", La Voz de Galicia, 13-8-1936, p. 6. Foi reclamado polo xuíz militar de Vigo mediante requisitoria xunto con Manuel Martínez Alonso, Francisco Bouzas Sánchez, Celso Collazo Álvarez e José Troncoso Faro o 8 de outubro de 1936.El Pueblo Gallego, 9-10-1936, p. 3. Requisitoria que volveu repetir o 26 de outubro,El Pueblo Gallego, 27-10-1936, p. 4. e o 19 de novembro xunto con F. José Carballo e Francisco Bouza.El Pueblo Gallego, 21-11-1936, p. 2. Agochouse disfrazado de crego en Vilanova dos Infantes. Despois pasou a Tourém (Portugal), e de aí a Lisboa e despois a Francia. Logo no exilio foi secretario de Castelao durante a súa viaxe aos Estados Unidos de América. Despois exiliouse en México, arribando a Nuevo Laredo o 18 de xullo de 1939. Tivo unha pequena participación na Revolución Cubana ao enviar o primeiro material médico os guerrilleiros de Serra Maestra. En 1960 autorizaron a súa entrada en España, pero en 1966 foi expulsado e non puido regresar ata a morte de Franco.
Foi un dos fundadores da UPG en 1964, marchando dela en 1976 xunto con outros militantes para fundar a UPG-liña proletaria logo rebautizada como Partido Galego do Proletariado, partido marxista-leninista e independentista galego.
Actividade xornalística Con 17 anos publicou na Arxentina El Eco, de tendencia socialista. En Galicia dirixiu o periódico El Soviet en 1931, e colaborou en Escuela del Trabajo e Ateo. En México colaborou en España Popular, Nuestra Bandera, Loita, Boletín Galego de Información, Saudade e foi o principal animador da revista Vieiros, xunto a Carlos Velo, Arturo Souto e Florencio Delgado Gurriarán.
Obras (1983). Castelao, a U.P.G. e outras memorias. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-093-0.
Homenaxes Dedicóuselle unha rúa no concello de Celanova.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Pérez Poza, Roxelio: "Ateo. A represión dun ideal" en Claridade Fundación Luís Tilve, setembro de 2007. Especial homenaxe.
Outros artigos Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense Ligazóns externas "Luís Soto, discurso para un país" (2021) GaleguizarGalicia. Proxecto epístola http://galegos.galiciadigital.com/gl/luis-soto-fernandez
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados na Bola Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1981