Petr Ilich Chaikovskii (en , pronunciado ; (13px| escoitar), nado en Votkinsk o e finado en San Petersburgo o , foi un dos compositores rusos máis importantes do século . É autor dalgunhas das obras de música clásica máis famosas do repertorio actual, por exemplo os ballets O lago dos cisnes e O Quebranoces, a Abertura 1812, a abertura-fantasía Romeu e Xulieta, o Primeiro concerto para piano, o Concerto para violín, as súas sinfonías Cuarta, Quinta e Sexta (Tamén chamada Patética) e a ópera Evgenii Onegin.

Nado nunha familia de clase media, a educación que recibiu Chaikovskii estaba dirixida a preparalo como funcionario, malia a precocidade musical que mostrou. En contra dos desexos da súa familia, decidiu seguir unha carreira musical e en 1862 accedeu ao Conservatorio de San Petersburgo, graduándose en 1865. A formación que recibiu, formal e orientada ao estilo musical occidental, apartouno do movemento contemporáneo nacionalista coñecido como o «Grupo dos Cinco» conformado por un grupo de mozos compositores rusos, cos cales Chaikovskii mantivo unha relación profesional e de amizade ao longo da súa carreira.

Aínda que non pertencía ao chamado Grupo dos Cinco (Musorgskii, César Cui, Rimskii-Korsakov, Balakirev e Borodin), formado por compositores nacionalistas rusos, a súa música deveu coñecida e admirada por mor do seu carácter tradicionalmente ruso e mais polas súas características harmónicas e de vivas melodías. A diferenza do grupo referido, as súas obras foron notabelmente occidentalizadas, empregando decote elementos propios das técnicas compositivas imperantes no estranxeiro. Chaikovskii, ao igual ca Mozart, é un dos poucos compositores aclamados que se sentía igualmente confortábel escribindo óperas, sinfonías, concertos e obras para piano.

Mentres desenvolvía o seu estilo, Chaikovskii escribiu música en varios xéneros e formas, incluíndo a sinfonía, ópera, ballet, música instrumental, de cámara e a canción. A pesar de contar con varios éxitos, nunca tivo moita confianza ou seguridade en si mesmo e a súa vida estivo salpicada polas crises persoais e períodos de depresión. Como factores que quizais contribuíron a isto, poden mencionarse a súa homosexualidade reprimida e o medo a que se revelase a súa condición, o seu desastroso matrimonio e o repentino colapso da única relación duradeira que mantivo na súa vida adulta: a súa asociación de 13 anos coa rica viúva Nadezhda von Meck. No medio desta axitada vida persoal, a reputación de Chaikovskii aumentou; recibiu honras por parte do tsar, obtivo unha pensión vitalicia e foi encomiado nas salas de concertos de todo o mundo. A súa repentina morte aos 53 anos adoita atribuírse xeralmente ao cólera pero as súas circunstancias son obxecto de debate xa que tamén se suscitou a hipótese do suicidio, por contaxio voluntario coa enfermidade ou por outra forma de envelenamento.Brown, Man and Music, 431–35; Holden, 373–400.

Malia contar cunha gran popularidade nas audiencias de todo o mundo, Chaikovskii recibiu ás veces duras críticas por parte de músicos, críticos e compositores. Porén, a súa reputación como compositor de importancia é hoxe en día segura,Brown, New Grove (1980), 18:628–29. tendo desaparecido por completo a soberbia coa que os críticos occidentais de comezos e mediados do século catalogaron a súa música como vulgar e falta de pensamento.Wiley, New Grove (2001), 25:169.

Traxectoria miniatura|dereita|A familia Chaikovskii en 1848. De esquerda a dereita: Petr, Aleksandra Andreevna (nai), Aleksandra (irmá), Ippolit, Ilia Petrovich (pai). Petr Chaikovskii naceu en Votkinsk, unha pequena poboación na actual Udmurtia, que anteriormente foi parte do óblast de Viatka do Imperio Ruso. Chaikovskii foi o segundo fillo do matrimonio formado por Ilia Petrovich Chaikovskii (1795-1880; "Ilich" quere dicir "fillo de Ilia") e Aleksandra Andreevna Chaikovskii (1812-1854; de solteira Assier).

A súa familia paterna era orixinaria da vila ucraína de Nikolaevka, e o apelido Chaikovskii provén do seu bisavó Fedor Chaika. O pai de Chaikovskii estudou enxeñaría de minas na Universidade de San Petersburgo, e en 1837 converteuse no director da fábrica de Votkinsk, cidade que era famosa pola súa industria do ferro. Ilia Chaikovskii tivo unha filla, Zinaida, froito do seu matrimonio coa súa primeira muller, Maria Kaiser, da que enviuvou en 1830.

Por outra banda, a familia materna de Chaikovskii era de procedencia francoalemá. O seu avó, Michael Heinrich Maximilian Acier, foi profesor de francés e alemán na escola militar de San Petersburgo, até que en 1800, coa súa afiliación á Coroa Imperial trocou o seu nome polo de Andrei Mikhailovich Assier. Estivo casado dúas veces, e froito do seu primeiro matrimonio naceu Aleksandra. Esta, trala separación dos seus pais e a morte da súa nai en 1816, ingresou no Instituto da Patria, unha escola para orfas de familias da aristocracia financiada polo Estado. En 1833 coñeceu a Ilia Chaikovskii, co que posteriormente contraería matrimonio.

Ademais da súa media irmá Zinaida (1829-1878), Chaikovskii tivo 5 irmáns: Nikolai (1838-1911), que seguiría os pasos do seu pai coma enxeñeiro de minas; Aleksandra (1841-1891); Ippolit (1843-1927), que se convertería en oficial naval; e os xemelgos Anatolii (1850-1915) e Modest (1850-1916), que se dedicarían á avogacía e ao ensino, respectivamente. Chaikovskii tivo sempre unha relación moito máis próxima coa súa irmá e cos xemelgos, un dos cales, Modest, se converteu no seu biógrafo oficial.

En 1843, os pais de Chaikovskii contrataron os servizos dunha institutriz francesa chamada Fanny Dürbach. A súa paixón e afecto polo cargo contrarrestaban a actitude de Aleksandra, descrita por un biógrafo como unha nai fría, infeliz e distante, non dada a mostrar afecto físico.Holden, 6. Con todo, outros autores afirman que Aleksandra adoraba ao seu fillo.Poznanski, Quest, 5.

Os primeiros contactos de Chaikovskii coa música foron extractos de pezas de Mozart, Rossini, Bellini e Donizetti. En 1844, con catro anos, fixo a súa primeira composición titulada "A nosa nai en Petersburgo", axudado pola súa irmá Aleksandra (que contaba tres anos). En 1845 comezou a recibir clases de piano e a familiarizarse coas "mazurcas" de Chopin.

En 1848, Ilia Chaikovskii dimitiu do seu posto en Votkinsk e a familia mudouse primeiro a Moscova e logo a San Petersburgo, onde Ilia contaba con obter un novo traballo. Alí, Chaikovskii e o seu irmán Nikolai ingresaron no centro privado Schmelling School, onde Chaikovskii puido continuar coas súas clases de piano. Non obstante, a toma do posto de traballo de Ilia Chaikovskii non se produciu e a familia tivo que trasladarse en 1849 a Alapaevsk. miniatura|200px|Vista actual da Escola Imperial de Xurisprudencia. En 1850 Chaikovskii ingresou na Escola de Xurisprudencia de San Petersburgo, onde se graduaría en 1859. Esta institución atendía principalmente á pequena nobreza e prepararía a Chaikovskii como funcionario. Dado que a idade mínima para acceder era de doce anos, Chaikovskii tivo que pasar dous anos nun internado da escola preparatoria da Escola Imperial de Xurisprudencia, a uns 1 300 km da súa familia.Holden, 14; Warrack, Tchaikovsky, 26. Unha vez que estes dous anos pasaron, Chaikovskii foi trasladado á Escola Imperial de Xurisprudencia para empezar un curso de estudos que duraría sete anos.Holden, 20. Durante este tempo participou no coro da escola e fixo os seus primeiros intentos de composición.

Compositor emerxente En 1952 a familia Chaikovskii mudouse a San Petersburgo, onde a súa nai Aleksandra faleceu repentinamente de cólera o 25 de xuño de 1854. Este feito tan traumático estreitou aínda máis a relación de Chaikovskii cos seus irmáns xemelgos, afectoulle tanto que se sentiu incapaz de darlle a noticia a Fanny Dürbach ata transcorridos dous anos.Brown, Tchaikovsky: The Early Years, 1840–1874 (Nueva York: W.W. Norton & Company, Inc., 1978, 47; Tchaikovsky: The Man and His Music (Nueva York: Pegasus Books, 2007), 12.; Holden, 23.; Tchaikovsky, P., Polnoye sobraniye sochinery: literaturnïye proizvedeniya i perepiska [Edición completa: obras literarias y correspondencia] En progreso (Moscú, 1953–presente), 5:56–57.; Warrack, 29. Con todo, uns meses logo da morte da súa nai, realizou o primeiro intento serio de composición, un valse na súa memoria. Varios autores afirman que a perda da súa nai contribuíu ao desenvolvemento sexual de Chaikovskii, así como a súa experiencia coas supostamente estendidas prácticas homosexuais entre estudantes da Escola Imperial de Xurisprudencia.Holden, 22, 26.; Poznanski, Quest, 32–37.; Warrack, Tchaikovsky, 30 Sexa cal for a verdade disto, algunhas amizades cos seus compañeiros, como Aleksei Apukhtin e Vladimir Gerard, foron o suficientemente intensas para durar o resto da súa vida.Holden, 23.

A música non era unha prioridade alta na Escola,Holden, 24. pero Chaikovskii asistía regularmente ao teatro e á ópera con outros estudantes.Holden, 24; Poznanski, Quest, 26 Afeccionouse ás obras de Rossini, Bellini, Verdi e Mozart. O fabricante de pianos Franz Becker realizaba visitas de cando en vez á Escola como profesor de música simbólico. Esta foi a única instrución formal sobre música que recibiu alí. Desde 1855, o seu pai, Ilia Chaikovskii, financioulle leccións privadas con Rudolph Kündinger, un recoñecido profesor de piano de Núremberg. Ilia ademais preguntoulle a Kündinger sobre a posibilidade dunha carreira musical para o seu fillo. Kündinger contestou que nada suxería que fose un compositor potencial ou ata un bo intérprete. A Chaikovskii díxoselle que acabase o seu curso e logo intentase acceder a un posto no Ministerio de Xustiza.Holden, 24–25; Warrack, Tchaikovsky, 31.

Chaikovskii graduouse o 25 de maio de 1859 co rango de conselleiro titular, o rango máis baixo na carreira de funcionario. O 15 de xuño foi admitido no Ministerio de Xustiza. Seis meses máis tarde alcanzou o posto de asistente subalterno e dous meses logo disto, asistente superior. Nese cargo quedou Chaikovskii para o resto da súa carreira de funcionario, que duraría tres anos.Brown, Man and Music, 14.

Os inicios na música miniatura|esquerda|upright|Tchaikovski de rapaz, ano 1863 No verán de 1861 Chaikovskii acudiu a unha clase de harmonía impartida por Nikolai Zaremba na Sociedade de Música Rusa.Brown, Early, 60 Cando o Conservatorio de San Petersburgo abriu no ano 1862, Chaikovskii atopábase entre os inscritos. Chaikovskii non deixaría o seu posto no Ministerio ata «que non estivese bastante seguro de que estou destinado a ser músico no canto de funcionario».Citado en Holden, 38–39. Desde 1862 ata 1865 estudou harmonía, contrapunto e fuga con Zaremba, e Anton Rubinstein, director e fundador do Conservatorio, impartiulle instrumentación e composición.Brown, Man and Music, 20; Warrack, Tchaikovsky, 36–38. Decidido a consagrar a súa vida á música, Chaikovskii dimitiu do seu traballo no Ministerio de Xustiza en 1863. Para sustentarse economicamente, comezou a dar clases de piano e de teoría da música a outros estudantes. Chaikovskii estivo ao redor de tres anos no Conservatorio de San Petersburgo, onde ademais de estudar harmonía con Nikolai Zaremba e orquestración e composición con Anton Rubinstein, se iniciou na frauta e no órgano.

En setembro de 1865 Nikolai Rubinstein (irmán de Anton Rubistein) ofreceulle a Chaikovskii o posto de profesor de harmonía na Sociedade Musical Rusa en Moscova, que máis tarde se convertería no Conservatorio de Moscova baixo a dirección de Rubistein. Por esta época Chaikovskii compuxo as súas primeiras obras, que non revelaron un especial talento e máis ben amosaban unha personalidade pouco definida. Así, en 1866 compuxo a Sinfonía No.1 "Soños de inverno", que foi revisada tralas suxestións de Nikolai Zaremba e Anton Rubinstein. A sinfonía recibiu a súa primeira interpretación completa en Moscova en febreiro de 1868, onde foi ben recibida.Brown, New Grove, 18:608.

A súa relación cos Cinco