Correlingua é a celebración dunha serie de carreiras reivindicativas en prol dos dereitos da lingua galega que transcorren polas distintas comarcas de Galicia. Correlingua inspírase na Korrika, unha carreira reivindicativa que percorre o País Vasco a prol da lingua éuscara.

Organización miniatura|dereita|O Correlingua na Estrada.Ten lugar en colaboración cos centros de ensino e a organización corre a cargo da Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a propia Federación de Ensino da Confederación Intersindical Galega (CIG-Ensino), e diversos concellos e municipios. Trátase dunha proposta de carácter lúdico-educativo que ten por obxecto a dignificación da cultura galega pondo especial énfase na cuestión lingüística, pondo así mesmo de relevo a importancia do papel da mocidade no proceso de normalización.

Véxase tamén Outros artigos

Korrika, poloalingua éuscara Correllengua, carreira pola lingua catalá Ar Redadeg, pola lingua bretoa Rith, pola lingua irlandesa

Ligazóns externas Páxina web oficial do Correlingua Máis de 4.500 mozos no Correlingua de Compostela de 2009 Programa Correlingua 2011 Coordinadora ENDL comarca do Arenteiro

Categoría:Eventos deportivos Categoría:Lingua galega