Cirela é un lugar da parroquia de Gres, no concello pontevedrés de Vila de Cruces, na comarca do Deza. Segundo o IGE, en 2017 tiña 58 habitantes (25 homes e 33 mulleres).

O río Deza baña a aldea, que conta cunha ponte que comunica Cirela coa parroquia silledense de Cira. Na aldea atópase o cruceiro de Cirela, que está realizado en granito e representa un Cristo crucificado e unha Virxe orante.

Véxase tamén Ligazóns externas Cruceiro de Cirela, en Turgalicia.

Lugares e parroquias Lugares de Gres

Parroquias de Vila de Cruces

Notas

Categoría:Lugares de Vila de Cruces