Borsele é un concello ao suroeste dos Países Baixos, na provincia de Zelandia. O nome do municipio escríbese cun só "s", mentres que o do núcleo da poboación principal se escribe con dobre "s" (Borssele).
Xeografía
Demografía
Economía En Borssele hai unha planta de enerxía nuclear cun reactor de auga presurizada (PWR) cunha potencia neta de 452 MW, a única planta nuclear en funcionamento para a produción de electricidade nos Países Baixos. A autorización de explotación prorrogouse até o ano 2033, vinte anos máis da data de peche inicialmente prevista (ano 2013).
O centro COGEMA reprocesa o material fisionable gastado en La Hague, na Baixa Normandía (Francia). Parte do tratamento do residuo nuclear, é dicir, os produtos do reprocesado que non son reutilizables, son devoltos aos Países Baixos, onde son almacenados no COVRA, (Almacén Central para os Residuos Nucleares), que se atopa tamén en Borssele e que é a localización nacional para tódolos residuos nucleares. Dispón dunha superficie suficiente para os próximos 100 anos.
Núcleos de poboación Baarland, Borssele, Driewegen, Ellewoutsdijk, 's-Gravenpolder, 's-Heer Abtskerke, 's-Heerenhoek, Heinkenszand, Hoedekenskerke, Kwadendamme, Lewedorp, Nieuwdorp, Nisse, Oudelande e Ovezande.
Transporte O túnel Western Scheldt vai de Ellewoutsdijk a Terneuzen en Zeeuws-Vlaanderen. Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Cidades dos Países Baixos Categoría:Concellos de Zelandia