Xabir al-Ahmad al-Xabir al-Saba (en ), nado o 29 de xuño de 1926 e finado o 15 de xaneiro de 2006, foi emir de Kuwait dende decembro de 1977 ata a súa morte. Traxectoria Foi o terceiro fillo do emir Ahmad al-Xabir al-Saba. En 1962 foi nomeado ministro de economía e facenda, e en 1965 primeiro ministro. Converteuse en príncipe herdeiro en 1966.

Foi deposto pola invasión iraquí de Kuwait en 1990, polo que entre o 2 de agosto de 1990 e o 14 de marzo de 1991 estivo exiliado en Arabia Saudita e Bahrain. Foi sucedido polo seu irmán Sabah al-Ahmad al-Jabir al-Sabah.

Categoría:Emires de Kuwait Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Nados en Kuwait