Martin Amis, nado en Swansea (Gales) o 25 de agosto de 1949 e finado en Lake Worth Beach (Florida) o 21 de maio de 2023, foi un novelista británico.

Traxectoria Era fillo do tamén escritor Kingsley Amis. O seu primeiro libro foi editado en 1973. Dende entón colaborou en revistas como Times Literary Supplement, New Statesman e The Observer. Amis foi un dos máis exitosos e recoñecidos escritores da súa xeración. Ata 2011 gozou dunha praza de profesor na Universidade de Manchester, impartindo clases sobre "escritura creativa".

ObrasObras de Amis en LG3

A casa dos encontros, tradución de Eva Almazán (Galaxia, 2006). A viúva preñada, tradución de Eva Almazán (Galaxia, 2010).

Notas

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Novelistas do Reino Unido Categoría:Nados en Oxford Categoría:Nados en 1949 Categoría:Finados en 2023