O cantón de Berna (/kanˈtoŋ de ˈbɛɾna̝/; en alemán: Kanton Bern [kanˈtoːn bɛʁn];En lingua alemá de Suíza (dialecto bernés): Kanton Bärn [ˈkɑnton b̥æːrn]. en francés: canton de Berne [kɑ̃.tɔ̃ də bɛʁn]),En italiano: cantone di Berna [kanˈto.ne di ˈbɛr.na]; en romanche: Chantun Berna [tʂənˈtuːn ˈbɛrnɐ]. ou tan só Berna,En alemán: Bern; en francés: Berne; en italiano: Berna; en romanche: Berna. é un dos vinte e seis cantóns que forman a Confederación Suíza. Linda ao norte co cantón de Xura e o de Neuchâtel, ao oeste co de Vaud e o de Friburgo, ao suroeste co do Valais, ao nordés co de Soleura e o de Argovia, ao leste co de Lucerna, Obwalden e Nidwalden, e ao sueste co de Uri. Con pouco máis de 1 050 000 habitantes, segundo datos de 2022, o cantón posúe ao redor do 13% da poboación total de Suíza, converténdoo no segundo máis poboado do país. Berna, capital homónima do cantón, é tamén a capital do país. O oso é o símbolo heráldico do cantón, representado sobre un fondo amarelo e vermello.
O cantón de Berna é bilingüe. Oficialmente, falase alemán e francés. A cidade máis grande, Berna, é a sede do Goberno Federal de Suíza. Outras cidades importantes son Thun e Biel/Bienne. O cantón tamén é coñecido polas súas moitas cidades turísticas alpinas, entre as que sobresaen Interlaken e Gstaad.
Notas
Notas
Berna