A República e Cantón de Neuchâtel (/reˈpuβlika̝ ɛ kanˈtoŋ de newt͡ʃaˈtɛl/; en francés: République et Canton de Neuchâtel [ʁe.py.blik e kɑ̃.tɔ̃ də nɘʃatel]),En alemán: Republik und Kanton Neuenburg; en italiano: Repubblica e Cantone di Neuchâtel. ou tan só cantón de Neuchâtel,En francés: canton de Neuchâtel [kɑ̃.tɔ̃ də nɘʃatel]. é un dos vinte e seis cantóns que forman a Confederación Suíza. Forma parte da gran rexión de Espace Mittelland, que comprende tamén os cantóns de Berna, Friburgo, Xura e Soleura. A súa capital e cidade máis poboada é a vila homónima de Neuchâtel.
Xeografía O cantón atópase ao nordeste de Suíza, na cordilleira do Xura. Abrangue a zona baixa que abeira o lago de Neuchâtel, coñecida como Littoral ou Bas, e unha meseta máis alta a uns 1.000 metros de altitude, coñecida como Les montagnes neucâteloises ou Haut. A cidade de Neuchâtel está situada ás beiras do lago, mentres que as vilas de La Chaux-de-Fonds e Le Locle se encontran na montaña. Limitan coa fronteira francesa localizada no Doubs, chamado así polo río de mesmo nome que corta o val en dous. A parte inferior estendese dende Vaumarcus ata o límite do lago de Biel. Entre o Haut e o Bas existen varios vales, como o Val-de-Travers, ao oeste do cantón, e o Val-de-Ruz, no centro.
O cantón de Neuchâtel culmina ao oeste do Chasseral, cunha altitude de 1.552 metros. Os seus puntos máis baixos atópanse ás beiras dos lagos de Biel e de Neuchâtel, con 429 metros de altitude. Con 802,16 km2 de superficie territorial, é o décimo quinto cantón máis grande de Suíza.
Rexións, comunas e vilas Historicamente o cantón estaba dividido en seis distritos, que xuntos formaban as catro rexións do cantón: o distrito de Neuchâtel e o distrito de Boudry forman xuntos a rexión Littoral, o distrito de Val-de-Ruz e o de Val-de-Travers forman cada un unha rexión propia. Os distritos de La Chaux-de-Fonds e Le Locle forman a rexión de Montagnes. Os distritos suprimíronse o 1 de xaneiro de 2018 e as rexións pasaron a ser un nivel estatístico, mais xa non administrativo.
O cantón de Neuchâtel ten 27 comunas, catro das cales posúen máis de 10.000 habitantes: Neuchâtel con 44.568, La Chaux-de-Fonds con 36.915, Val-de-Ruz con 17.143 e Val-de-Travers con 10.579. Le Locle, con 9.864, achégase a estes números. +Lista de comunas do cantón de NeuchâtelNomeN° OFSRexiónPoboaciónSuperficie(km2)Densidade(hab./km2)Boudry6404Littoral6.19316,77369centro|miniatura|300px|Vista aérea da vila de Neuchâtel.centro|miniatura|300px|Paisaxe de Val-de-Travers.Cortaillod6408Littoral4.6973,691.273Rochefort6413Littoral1.29125,8450Milvignes6416Littoral9.0638,781.032La Grande Béroche6417Littoral8.82542,21209La Chaux-de-Fonds6421Montagnes36.91555,66663Les Planchettes6422Montagnes21011,7318La Sagne6423Montagnes1.05825,5541La Brévine6432Montagnes62441,8215Brot-Plamboz6433Montagnes29016,0318Le Cerneux-Péquignot6434Montagnes31315,6720La Chaux-du-Milieu6435Montagnes51417,2830Le Locle6436Montagnes9.86423,14325Les Ponts-de-Martel6437Montagnes1.23018,2367Cornaux6451Littoral1.5874,72336Cressier6452Littoral1.8928,55221Enges6453Littoral2669,5928Hauterive6454Littoral2.6362,121.243Le Landeron6455Littoral4.64210,31450Lignières6456Littoral97912,5178Neuchâtel6458Littoral44.56818,11.478Saint-Blaise6459Littoral3.2588,87367La Tène6461Littoral5.1765,44951Val-de-Ruz6487Val-de-Ruz17.143124,26138La Côte-aux-Fées6504Val-de-Travers45812,8536Les Verrières6511Val-de-Travers64628,6823Val-de-Travers6512Val-de-Travers10.579124,9185
Lagos e cursos de auga A xeomorfoloxía do cantón é de tipo cárstico, o que dificulta a existencia dun gran número de lagos e ríos. Malia isto, hai varios lagos e ríos no cantón.
Notas
Neuchatel