Unha sonda interestelar é unha sonda espacial que pola súa traxectoria se dirixe fóra do Sistema SolarStephen Eales Origins. Springer, 2007, páxina 54.. O primeiro estudo de deseño para crear unha sonda interestelar propiamente dita foi o Proxecto Dedalus que realizaron entre 1973 e 1978 científicos británicos da British Interplanetary Society dirixidos por Alan BondDavid J. Darling The Complete Book of Spaceflight. John Wiley and Sons, 2002, páxina 96.. As sondas interestelares actuais creáronse co propósito de explorar o noso propio Sistema Solar, mais despois de completar a súa misión pola súa traxectoria diríxense fóra del, a primeira foi a Pioneer 10 e calcúlase en 80.000 anos o que tardaría, se perdurase, en chegar á estrela máis próximaCarl Sagan e Jerome Agel Carl Sagan's Cosmic Connection. Cambridge University Press, 2ª ed, 2000, páxina 164.. As distancias que ten que percorrer non se miden en quilómetros, senón en unidades astronómicas (UAs). A equivalencia aproximada é: 1 UA son 150 millóns de quilómetros.

Sondas interestelares que máis se afastaron da Terra Distancia á Terra Obxecto Lanzamento Velocidade En funcionamento? 126,811 UA Voyager 1 5 de setembro de 1977 (Cabo Cañaveral, Florida) 17,026km/s Si 70px 110,217 UA Pioneer 10 3 de marzo de 1972 (Cabo Cañaveral, Florida) 12,014 km/s Non 70px 103,933 UA Voyager 2 20 de agosto de 1977 (Cabo Cañaveral, Florida) 15,411 km/s Si 70px 89,709 UA Pioneer 11 6 de abril de 1973 (Cabo Cañaveral, Florida) 11,343 km/s Non 70px 28,659 UA New Horizons 19 de xaneiro de 2006 (Cabo Cañaveral, Florida) 14,914 km/s Si 70px

Galería

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Spacecraft escapando do Sistema Solar en heavens-above.com

Categoría:Astronáutica