O código obxecto é o código máquina (normalmente incluído nun ficheiro) binario resultante da compilación do código fonte expresado nunha linguaxe de programación; a compilación realízaa un compilador específico para unha linguaxe de programación específica na que está escrito o código fonte.
Nun sentido xeral, o código obxecto é unha secuencia de enunciados ou instrucións nunha linguaxe de ordenador, normalmente unha linguaxe de código máquina (é dicir, nun arquivo binario) ou unha linguaxe intermedia coma RTL. O termo indica que o código é o obxectivo ou resultado do proceso de compilación. Algunhas fontes temperás refírense ao código fonte como "programa suxeito".
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Código fonte
Categoría:Enxeñaría de software