A Teogonía (do grego Θεογονία : Theogonía, literalmente Nacemento dos deuses) é unha obra poética escrita por Hesíodo, que vén sendo como a Xénese da mitoloxía grega. Discútese se debe datarse no século -VII ou no -VIII.

Contido Nela nárrase a orixe do cosmos e a liñaxe dos deuses da mitoloxía grega, ata entón propagada por medios orais. Escrita en primeira persoa, reflicte o afán de Hesíodo por «pensar» no mundo segundo categorías esenciais. É unha das obras claves da épica grecolatina.

A Teogonía serviu para fundamentar o posterior traballo de Hesíodo, Traballos e días, máis moralista e deseñado como unha guía práctica para a vida diaria, no cal explica a xustificación divina do traballo, dentro dun marco conceptual no cal o divino é entendido como o fundador da realidade, pero só na medida que a súa presenza e realidade se verifican cada día no acaecer do mundo.

Os relatos da Teogonía parecen escritos en resposta á excesiva humanización dos deuses da tradición homérica. A diferenza dos textos homéricos, a Teogonía está escrita para ser lida como Verdade, como unha revelación feita ao autor polas Musas do Monte Helicón; historia que forma a primeira parte do texto.

En 2020 María Teresa Amado Rodríguez traduciu a obra por primeira volta ao galego para Rinoceronte Editora.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Hesíodo Traballos e días

Ligazóns externas

Categoría:Mitoloxía grega Categoría:Obras de poesía gregas