Willis Haviland Carrier, nado en Angola, estado de Nova York, o 26 de novembro de 1876 e finado na cidade de Nova York o 7 de outubro de 1950, foi un enxeñeiro e inventor estadounidense.

Traxectoria É coñecido por ser quen inventou o aire acondicionado. É considerado en certo modo responsábel do auxe económico do suroeste estadounidense, xa que a súa invención significou que a xente podía moverse nas áreas previamente consideradas inhabitábeis nos meses do verán.

Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América Categoría:Enxeñeiros dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Erie, Nova York Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1950