Xurxo García Penalta, coñecido como Xurxo Penalta, nado na Coruña en 1976, é un pintor debuxante de banda deseñada galego.
Traxectoria Participou en diversos fanzines da área da Coruña nos anos noventa e licenciouse en Belas Artes na Universidade de Vigo. Posteriormente estudou no College of Art and Design de Minneapolis e precticou diversas disciplinas artísticas, en especial a pintura. Algunhas das súas obras pertencen a coleccións internacionais, como a Colección Afundación.
En 2006 regresa ao cómic ao participar en exposicións colectivas en Galicia e ao debuxar para a revista Barsowia. En 2008 comeza a traballar con editoriais estadounidenses como Marvel Comics ou Dark Horse. Para a Marvel debuxa nun recompilatorio unha historia do personaxe D-Man, con guión de Brian Patchett, mentres que para Dark Horse debuxou dúas historias da serie Fear Agent, baixo guión de Rick RemenderXurxo Penalta dá o salto a Marvel e a Dark Horse, Culturagalega.org, 15/1/2009, aínda inéditas.
Obras Varios autores, Assitant Sized Marvel Spectacular, 2009, Marvel Comics. Ryokan no Kettou, publicado por entregas na revista Barsowia (2008 - ).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Laserdraw, un dos blogs do autor.
Categoría:Personalidades da banda deseñada de Galicia Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1976 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes