miniatura|Cartel publicitario en España no que aparece a expresión «baidefeis» en substitución da palabra castelá «gratis». Vén sendo unha invención da expresión en castelán «Por la cara» («By the face»), escrita foneticamente. O spanglish ou espanglish é unha fusión morfosintáctica e semántica do castelán co inglés. É un fenómeno lingüístico similar ao llanito falado en Xibraltar. Decote é confundido co uso de anglicismos en castelán. Non obstante, para os angloparlantes estadounidenses, especialmente nas zonas cunha gran poboación «hispana», a denominación «spanglish» é dada ou ao uso de palabras en lingua castelá morfoloxicamente «anglificadas».
Exemplos Conversación curta en spanglish: Anita: «Hola, good morning, cómo estás?» Mark: «Fine, y tú?» Anita: «Todo bien. Pero tuve problemas parqueando my car this morning.» Mark: «Sí, I know. Siempre hay problemas parqueando in el área at this time».
Algunhas expresións Inglés Castelán Espanglish Galego See you! Hasta luego Te veo Deica logo watchman vigilante guachimán vixilante highway autopista jaigüey autoestrada play it cool tomárselo con calma jugársela frío ao xeito no way de ninguna manera nogüey de ningunha maneira tough duro tof duro truck camión troka camión dishes platos diches pratos to load cargar lodear cargar microwaves microondas microgüei forno microondas mowing the yard podar el césped cortar la yarda cortar o céspede sockpuppet(puppet) títere(marioneta) soquepupet monicreque
Véxase tamén Outros artigos Castrapo
Categoría:Linguas crioulas e pidgins de base castelá Categoría:Linguas crioulas e pidgins de base inglesa Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América