As normas da casa da sidra (en ) é un filme estadounidense de 1999 dirixido polo sueco Lasse Hallström. Estreaouse no Festival Internacional de Cinema de Venecia, gañou o Globo de Ouro ao mellor guión, e tamén conseguiu sete candidaturas aos Óscars.

Baséase na novela de John Irving, The Cider House Rules, e o propio Irving escribiu o guión. Outros directores emprenderon o proxecto de realizar a adaptación, como Ang Lee ou Michael Winterbottom, pero abandonárono debido a discrepancias co autor da novela.

Sinopse Homer Wells (Tobey Maguire) é un orfo que vive no estado de Maine durante a década de 1930. Medrou no orfanato de St. Cloud's baixo a tutela do Dr. Wilbur Larch (Michael Caine), que nunca deixou de preocuparse polos cativos que ten a cargo no hospicio. Mais cando Homer se fai un home, e se dá conta das posibilidades que lle brinda a vida, empeza a dubidar e a cuestionar os métodos e a lóxica que o doutor lle ensinou. O Dr. Larch realiza abortos secretamente, e ilegalmente, e adestra a Homer para que sigas os seus pasos.

Homer decide deixar o orfanato con Candy Kendall (Charlize Theron) e o namorado dela, Wally Worthington (Paul Rudd). Logo, cando Wally vai loitar na segunda guerra mundial, Homer e Candy estreitan amizades. Máis tarde, o avión de Wally é abatido, deixándoo paralizado da cintura para baixo. Cando el volta para a casa, Candy decide que ela debe coidar del e non ficar con Homer.

O Sr. Rose (Delroy Lindo) e os seus compañeiros son traballadores migrantes que están empregados temporalmente na plantación de mazairas da familia Worthington. O Sr. Rose empreñou á súa propia filla (Erykah Badu), e Homer, que desaproba o aborto, percibe que neste caso en particular el debe realizarllo a ela. Máis tarde, cando o Sr. Rose tenta abusar de novo da súa filla, ela acoitelarao. O desexo del, moribundo, é que os outros traballadores lle digan á policía que a súa morte foi por suicidio.

Despois da morte accidental do Dr. Larch, Homer decide retornar ao orfanato e exercer o exercicio de novo director. No final do filme, descóbrese que o doutor falsificara o rexistro médico de Homer para evitar que se fora para a guerra.

Personaxes

Tobey Maguire como Homer Wells Michael Caine como Dr. Wilbur Larch Charlize Theron como Candy Kendall Paul Rudd como Tenente Wally Worthington Delroy Lindo como Arthur Rose Erykah Badu como Rose Rose Heavy D como Peaches K. Todd Freeman como Muddy Kieran Culkin como Buster Jane Alexander como enfermeira Edna Kathy Baker como enfermeira Angela Kate Nelligan como Olive Worthington Paz de la Huerta como Mary Agnes J. K. Simmons como Ray Kendall Evan Parke como Jack Jimmy Flynn como Vernon Erik Per Sullivan como Fuzzy Stone Skye McCole Bartusiak como Hazel

Galardóns Óscar 1999 Categoría Persoa ResultadoÓscar ó mellor filmeCandidata Oscar ao mellor director Lasse Hallström Candidato Oscar ao mellor actor secundario Michael Caine|| Gañador Oscar ao mellor guión adaptado John Irving Gañador Óscar á mellor banda sonora Rachel Portman Candidata Óscar á mellor dirección artística David Gropman Beth Rubino CandidatosÓscar á mellor montaxe Lisa Zeno Churgin Candidata

Globos de Ouro

Ano Categoría ResultadoGlobo de Ouro ao mellor actor secundarioMichael CaineCandidatoGlobo de Ouro ao mellor guiónJohn IrvingCandidato

Notas

Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Lasse Hallström Categoría:Filmes con banda sonora de Rachel Portman Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes sobre temas médicos Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Filmes sobre o aborto Categoría:Filmes ambientados en Maine Categoría:Filmes rodados en Maine Categoría:Filmes de 1999 con versión en galego