O Teramo Basket foi un club de baloncesto italiano con sede na cidade italiana de Téramo, fundado en 1973 e disolto en 2012. Compitiu entre 2003 e 2012 na Serie A da Liga italiana, sendo a súa mellor clasificación o terceiro posto obtido na temporada 2008-09. Grazas a isto competiu ao ano seguinte a nivel europeo, sendo eliminados na fase regular da Eurocup.
Historia O club foi creado en 1973 por Paolo Antonetti, coa denominación AICS (Associazione Italiana Cultura e Sport) Teramo. En 1996 consegue alcanzar a Seria B1, logrando o ascenso á máxima categoría do baloncesto italiano en 2003, onde se mantén desde entón. A súa mellor clasificación foi o terceiro posto alcanzado en 2009. En agosto de 2012, tras non poder facer fronte ás débedas económicas o club desaparece.
Patrocinios Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
Sanic Teramo (2002–03) Navigo.it Teramo (2004–06) Siviglia Wear Teramo (2006–08) Banca Tercas Teramo (2008–2012) Groupama Teramo (2009–2010, en Eurocup)
Xogadores Xogadores históricos Hassan Adams 1 temporada: 2008 Nikoloz Tskitishvili 1 temporada: 2007-2008 Clay Tucker 1 temporada: 2007 Tyson Wheeler 1 temporada: 2004-2005
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil do equipo en Eurocup Basketball
Categoría:Equipos de baloncesto de Italia Categoría:Teramo Basket