O Aeroporto de Zaragoza (IATA: ZAZ, OACI: LEZG) atópase situado a 10 quilómetros da cidade de Zaragoza, preto do barrio de Garrapinillos. Comparte pista e algunhas instalacións coa Base Aérea de Zaragoza.

Con motivo da Exposición Internacional de Zaragoza 2008 levouse a cabo unha renovación total deste aeroporto que consistitiu na construción dunha nova terminal anexa á antiga e varios aparcadoiros. Abriuse ao público en marzo de 2008. A terminal antiga está pechada; trátase dun edificio de certo valor que se conservou, aínda que non está en uso.

En 2008 deu servizo a 594 952 pasaxeiros e rexistrou 21 438 toneladas de carga.

Infraestruturas 2 pistas de aterraxe paralelas de 3000 e 3718 metros respectivamente, unhas das pistas máis grandes de Europa. 1 terminal de pasaxeiros 14 mostradores de facturación máis un de equipaxes especiais 6 portas ampliables a 8 portas de embarque zona comercial 1 aparcadoiro con capacidade para 1 080 vehículos 1 terminal de carga

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Base aérea

Edificios na base que son utilizados como residencia cando se realizan os lanzamentos dos transbordadores espaciais, xa que o aeroporto de Zaragoza é unha base de aterraxe de urxencias.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do aeroporto Información xeral do aeropuerto e da cidade Especial Periódico de Aragón: Reforma do aeroporto de Zaragoza

Zaragoza Categoría:Transporte en Zaragoza