Maniwa (真庭市, まにわし, Maniwa-shi) é un concello da prefectura de Okayama no Xapón. Está situado ó norte da prefectura, na parte de San'yō da rexión de Chūgoku, na illa de Honshū. A súa superficie é de 828,43 km², a poboación é de 49.549 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 59,8 h/km². A súa superficie é a máis grande na prefectura de Okayama.

O concello de Maniwa limita cos concellos de Shinjō, Niimi, Takahashi, Kibichūō, Misaki, Tsuyama, Kagamino (que son de prefectura de Okayama); Kōfu, Kurayoshi e Misasa (que son de prefectura de Tottori).

Historia A cidade de Maniwa foi fundada pola fusión dun concello de vila do distrito de Jōbō (Hokubō), e doutros catro concellos de vilas (Katsuyama, Ochiai, Yubara e Kuse) e de catro concellos de aldeas (Mikamo, Kwakami, Yatsuka e Chūka) do distrito de Maniwa no ano 2006.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Maniwa .

Categoría:Prefectura de Okayama Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Rexión de San'yō