Assassin's Creed é un videoxogo de acción e aventura lanzado para PlayStation 3, Xbox 360 e PC en novembro de 2007. Dende a súa saída ao mercado, Assassin's Creed vendeu 3,38 millóns segundo Vgchartz.http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=12727 En abril de 2008 lanzouse unha versión de Microsoft Windows titulada Assassin's Creed: Director's Cut Edition que contén contido adicional.
Sinopse Ambientado na Terceira Cruzada e no ano 2012. No 2012 controlamos a Desmond Miles, que se atopa secuestrado pola corporación Abstergo. Durante a Terceira Cruzada manexamos a Altair, un xove pertencente a un grupo de asasinos, cuxa misión é a de salvagardar Terra Santa da intrusión dos cruzados.
Cidades que aparecen Aparecen tres cidades: Xerusalén, Damasco e Acre. As tres están recreadas con gran detalle e nelas Altair debe asasinar certos obxectivos. Tamén pode axudar a diversos cidadáns e enfrontarse aos soldados de ámbolos bandos: cruzados e musulmáns. As tres cidades están conectadas por camiños, que constitúen o maior escenario do xogo: o reino. Nel áchanse batallóns de soldados, poboados e construcións defensivas.
Xogabilidade
Habilidades de Altair Como asasino, Altair posúe unha espada, unha daga agochada e coitelos que pode lanzar. Ademais, tamén pode escalar e saltar. Nalgúns sitios elevados pode saltar e caer nun montón de palla (saltos de fe).
Misións secundarias Ademais das misións de asasinatos, no xogo poden realizarse misións secundarias, coma axudar a algúns cidadáns, atopar numerosos estandartes e eliminar a 60 templarios distribuídos por toda Terra Santa.
Crítica
As revistas e páxinas web especializadas déronlle boas notas a Assassin's Creed: 90 en GameSpot, 77 en IGN acadando finalmente un 81 en Metacritic para Xbox 360, un 80 para PlayStation 3 e un 79 para PC.
Notas
Categoría:Videoxogos de 2007 Categoría:Videoxogos de mundo aberto Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Canadá Categoría:Assassin's Creed