Truro (en inglés) ou Truru (en córnico) é a capital do condado de Cornualla, pertencente a Inglaterra, Reino Unido. Con 20.920 habitantes (2001) é o centro administrativo, de lecer e mercantil deste condado, sendo a súa única cidade.
Está situada nas orelas do río Truro, próxima á súa desembocadura na Canle da Mancha. Destacan nela a súa industria da cerámica, téxtil, madeireira e alimentaria.
O monumento máis destacado de Truro é a súa catedral neogótica, que alcanza unha altitude de 76 metros, que se empezou a construír no 1880 e rematouse no ano 1910, foi construída na localización da antiga St. Mary's Church, consagrada seiscentos anos antes.
Etimoloxía A orixe do nome de Truro é incerto. Díxose que derivaba do córnico tri-veru ("tres ríos"), mais referencias como o Oxford and Cambridge Dictionaries of English Place Names rexeitan esta teoría. Tamén o principal experto dos nomes de lugares córnicos, Oliver Padel, no seu libro A popular dictionary of Cornish place-names di que o significado de "tres ríos" non é posíbel.Oliver Padel A popular dictionary of Cornish place-names, Penzance, A. Hodge, 1988 ISBN 0-906720-15-X
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxinas oficiais Truro City Council Truro Chamber of Commerce Historia YouTube - Truro and Port Isaac in the 1920-30s Mr Spry - Notes on the Dominican Friary and St Mary's Church, Truro, 1840 Cornwall Record Office Online Catalogue for Truro Guías Truro at Wikivoyage Imaxes Catedral de Truro Webcams BBC Cornwall Webcam Official map of the city centre by Truro City Council Desenvolvemento Truro and Threemilestone Area Action Plan Truro - historic characterisation for regeneration (CSUS)
Categoría:Vilas e cidades de Cornualla