A lingua picarda ou picardo é unha das linguas romances máis achegadas ao francés e é unha das linguas de oïl. O picardo está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Outras denominacións O picardo ten outras denominacións como picart, patois du nord (patués do norte), tchtimi, chti ou rouchi, aínda que este último é un dialecto do picardo, considerado a miúdo como unha "fala de oïl" diferente, falada no Hainut Occidental, entre Mons e a liña Torunai-Soignes-Ath-Mouscron.
Localización
Fálase nas rexións francesas da Picardía (desde o sur do Oise e do Aisne) e Norte-Paso de Calais (até a zona de Dunkerque, de fala neerlandesa flamenga e Bélxica na maior parte da provincia de Hainaut, até La Louvière ao leste (entre Mons e Charleroi).
Falantes miniatura|Mostra de son en picardo. Sen estatísticas globais nin fiables. Tan só unha enquisa feita en Amiens (1980-1981), mostraba que o 46% dos homes e o 29% das mulleres nacidas en 1942 declaraban falar picardo.
Normativización Sen ningunha normativa aceptada. Aínda así, desde un punto de vista ortográfico, unha parte importante dos autores están de acordo nunha serie de principios que poden tender a unha certa normativización:
Continuación do código ortográfico francés, todo tendo en conta as particularidades fonéticas do picardo. Utilización razoada das letras mudas ou variantes gráficas para permitir unha correcta identificación das palabras. Este uso pode ter un máximo entre os escritores tradicionais, máis próximos á ortografía francesa, e practicamente desaparece entre os partidarios de métodos fonistas. Nunha situación intermedia atoparíase a adaptación do sistema Feller para o picardo feita por Fernand Carton. Tendencia a apartar as particularidades locais para permitir unha compresión canto máis ampla mellor. Algúns autores chegan á utilización de arquigrafías que posibiliten lecturas múltiples.
Status legal Recoñecida como lingua rexional endóxena en Bélxica, segundo o decreto do executivo da Comunidade francesa adoptado o 1990. Benefíciase, sobre todo polo que fai a súa presenza nos medios de comunicación, das accións da Oficina das Linguas Rexionais Endóxenas.
En Francia non se beneficia de ningunha lexislación a nivel xeral e a ratificación da Carta Europa das Linguas Rexionais ou Minoritarias está bloqueada.
Formación En Francia é recoñecido de facto polo Ministerio de Educación Nacional e ensínase nas escolas da rexión e pode estudarse de maneira facultativa.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en picardo Ligazóns externas Ch'lanchron Ortografía do picardo Chtimi Diccionaris picards
Categoría:Linguas de oïl Categoría:Linguas de Bélxica Categoría:Linguas de Francia