Metrotrén Asturias é un proxecto que consiste na creación dunha rede de transporte ferroviario suburbano a través da homoxeneización das liñas actualmente existentes na comunidade autónoma de Asturias. Componse dunha unificación das liñas de ambos explotadores, Renfe Operadora e FEVE, a redución dos tempos de viaxe e enlace, o soterramento de liñas de ferrocarril e a creación de novas estacións.Todotrenes: «Metrotrén, a revolución nas proximidades »

Historia O proxecto de renovación da rede de ferrocarril suburbano de Asturias foi presentado en agosto de 2000 polo Ministerio de Fomento. Consistía principalmente na creación dun novo túnel de 3.858 metros de lonxitude entre a estación do Humedal e a glorieta de Viesques, que incluía tres novas estacións: Begoña, El Bibio e Viesques.La Nueva España, [«http://www.lne.es/gijon/2011/01/14/destiempos-metrotren/1019380.html Los destiempos del Metrotrén]» A construción deste túnel iniciouse o 10 de xuño de 2003 e finalizou en decembro de 2006, aínda que só se construíu a estación de El Bibio e unha estación técnica na Avenida Justo del Castillo.La Voz de Asturias: «El túnel de metrotrén ve la luz »

Ao proxecto, ao aumentar a densidade do transporte ferroviario en Xixón e ser soterrado, coñecéuselle como «metro de Xixón».La Voz de Asturias, «El Metro de Gijón »

Durante a construción do túnel, o Ministerio de Fomento cambiou o seu criterio en canto ao resto das actuacións do proxecto, decidindo que se ampliase para chegar ata a contorna de Cabueñes, duplicando así a lonxitude da actuación. Ademais, incluiría a construción de dúas novas estacións, un intercambiador, e a substitución da prevista estación de Begoña por outra na praza de Europa.

Esta segunda fase permaneceu paralizada desde a finalización da anterior, permanecendo o túnel construído durante todo ese tempo sen uso. A definición completa da segunda fase finalizou en 2009, estimándose o custo restante en 360 millóns de euros, cunha actuación ao longo de 7 km entre o Humedal e Cabueñes.RTPA: «Fomento anuncia una inversión de 360 millones para el metrotrén » O desenvolvemento desta segunda parte iniciouse en 2011 mediante financiamento público-privado, e comporta o desvío provisional das liñas de FEVE desde a estación do Humedal á estación provisional de Sanz Crespo, que foi iniciado en febreiro de 2011.La Voz de Asturias: «El metrotrén tendrá doble ancho » Este tramo terá vías de dobre vía para poder ser utilizado tanto por trens de Renfe Operadora como de FEVE.

O proxecto tamén se compón de melloras noutras estacións ferroviarias de Asturias, como as situadas en Avilés.

Notas

Categoría:Asturias