Andrea Capobianco, nado en Nápoles en 1966, é un adestrador de baloncesto italiano.
Traxectoria A experiencia como adestrador de Capobianco iníciase en 1994, cando entra a formar parte do Battipaglia, ata 1997. Entre 1997 e 2000 adestra ao Salerno. No 2001 collerá as rendas do Scandone Avellino até 2002, ano no que volverá ao Salerno até o 2005. Non será a última vez que vexan a Capobianco adestrando ao equipo de Avellino, porque volverá entre 2005 e 2006 aos banquiños do Scandone Avellino. Entre decembro de 2006 e 2008 adestrará ao Aurora Jesi e a partir de 2008 ao Teramo Basket, o seu equipo actual.
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas do adestrador en Lega Basket Serie A
Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Nápoles Categoría:Adestradores de baloncesto de Italia