Adiante (Mocidade Comunista pola Independencia de Galiza) foi unha organización política xuvenil galega que afrontou as diversas loitas da mocidade desde presupostos socialistas e independentistas.
Historia e características O seu obxectivo último, por tanto, era a construción dunha República Galega independente e socialista. A súa Asemblea Nacional Constituínte tivo lugar en Santiago de Compostela en outubro do ano 2004 baixo o lema O Futuro É Noso, que continúa a ser unha consigna que identifica a organización. O 20 de decembro de 2008 tivo lugar a II Asemblea Nacional no Local Independentista de Cangas do Morrazo so a consigna A Mocidade Comunista pola Independencia de Galiza.
O traballo de Adiante desenvolveuse en diversas campañas en prol do ecoloxismo (causas coma o Foro Social de Cangas), da igualdade de xénero (participando das mobilizacións do 8 de marzo e do 25 de novembro), da defensa da lingua galega, da liberdade de culto (promovendo a apostasía), da solidariedade entre os pobos (Palestina, Venezuela, Cuba, País Vasco etc.) e, máis recentemente, apoiando a candidatura ás Eleccións Europeas do 7 de xuño de 2009 de Iniciativa Internacionalista.
O seu secretario de organización foi até o 2011 Brais González Pérez e até o 2013 Laura Sousa. A derradeira secretaria de organización foi Aldara Míguez.
O 11 de novembro de 2013, mediante un comunicado difundido na súa web, anunciaban a súa disolución. Tras disolverse algúns dos seus membros formaron a nova organización xuvenil referente da FPG, Xeira.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web de Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Categoría:Forzas políticas de Galicia Categoría:Independentismo galego Categoría:Comunismo