Kikugawa (菊川市, きくがわし, Kikugawa-shi) é un concello xaponés da prefectura de Shizuoka. Está situado ao leste da rexión de Tōkai, no centro-sur da rexión de Chūbu e ao oeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Tōtōmi, no centro da illa de Honshu. A súa superficie é de 94,24 km², a poboación é de 47.705 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 506 hab./km².

O concello de Kikugawa limita cos concellos de Kakegawa, Shimada, Makinohara e Omaezaki.

Historia A cidade de Kikugawa foi fundada pola fusión de dous concellos de vila do distrito de Ogasa, Kikugawa e Ogasa, o 17 de xaneiro de 2005.

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Kikugawa . Sitio web oficial da cidade de Kikugawa .

Categoría:Prefectura de Shizuoka Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Concellos do Xapón