Nerga é un lugar da parroquia do Hío no concello pontevedrés de Cangas de Morrazo na Comarca de Morrazo. Segundo o IGE, en 2023 tiña 497 habitantes (249 homes e 248 mulleres).
Xeografía O lugar atópase á beira da ría de Vigo, protexido de fronte polas illas Cíes. Ten dous frontes costeiros, nun deles limita con Viñó, nese atópase a praia de Nerga (ou Folla de Nerga) cunha lonxitude de aproximadamente 1 km, separada por rochas da praia do Medio e da de Barra. No outro fronte ten fronteira con Liméns e alí pódense atopar praias pequenas como Area das Patas, Os Castros ou Temperáns.
O lugar aumenta a súa poboación no verán debido ao turismo.
Historia
A súa historia remóntase á Idade de Ferro, o que se pode comprobar polo achado de castros a 20 metros da costa. Uns séculos máis tarde, a súa poboación aproveitou o mar para construír factorías de salga aos pés dos propios castros. Moito tempo despois, na Idade Moderna, as praias e as costas de Galicia eran puntos moi vulnerables aos ataques de piratas e viquingos, aínda que o ataque máis devastador sufriuno a localidade próxima de Cangas en 1617, cando unha frota otomá arrasou a comarca. Os séculos seguiron avanzando e, no século XX, a historia deu un gran envorco; aínda que o mar continuaba sendo o motor de Nerga, o peor estaba por vir: nos anos 40, a zona foi azoutada por anos enteiros de fame e mortalidade. A poboación sobrevivía unicamente grazas á pesca e á agricultura de autoconsumo; ademais, converteuse nun punto de contrabando onde os barcos traían alimentos desde Portugal, e a praia de Nerga foi testemuña de moitas fuxidas clandestinas en barco cara a outros países. Nos anos 50 produciuse unha emigración masiva cara a Latinoamérica e, finalmente, a finais do franquismo, Nerga transformouse nun importante destino turístico grazas ás súas praias.
Lendas
Segundo a cultura popular, no lugar do Con, unha rocha no medio da praia de Nerga, houbo unha igrexa, e se se mete a cabeza no interior da pedra aínda se pode oír o órgano da mesma tocando os salmos da época.
Natureza Nerga tamén é un dos mellores lugares para facer mergullo na ría de Vigo. Aínda que está protexida pola Rede Natura 2000, ofrece unha ampla visibilidade nos bos días. Ademais, hai moitos tipos de peixes, así como sargos ou lubinas, e algunhas veces arroaces que se achegan ás costas.
Tamén ten un bosque pegado a ela polo norte, chamado polos locais Areeiro, denominado así porque todo o seu chan está cheo de area. A árbore predominante é o piñeiro e o castiñeiro. Ten dous ríos en total; o máis grande vai polo centro da praia, ao lado do Con (unha pedra moi grande no medio da praia, aínda que polos turistas é chamada a Pedra do León). O seu bosque, á parte diso, ten moita fauna cunha diversidade inmensa, onde por exemplo hai xabarís ou píllaras. O bosque está cuberto pola Rede Natura ata unha determinada área. Ao estar preto da costa, polo tanto, non se pode edificar nada, ademais de estar prohibido cavar, remover ou alterar a contorna.
Cultura e festas
- O Entroido O Entroido é unha das celebracións máis tradicionais de Nerga, compartindo características e actividades co resto da parroquia do Hío e con localidades veciñas como Donón ou o concello de Bueu. A festividade desenvólvese ao longo de tres días, durante os cales se realizan extensas camiñadas que comezan ao mediodía e se prolongan ata a tarde ou a noite. Estas comitivas van acompañadas por música de gaitas e o despregue de bandeiras tradicionais. Ao rematar o percorrido, os participantes adoitan reunirse nos establecementos locais e bares do pobo, onde continúa a celebración co uso de instrumentos musicais tradicionais e música ambiental.
Etimoloxía O termo Nerga ten sido obxecto de estudo por parte de investigadores e filólogos locais da comarca do Morrazo. Segundo os estudos toponímicos da asociación cultural A Morraza, existen hipóteses que apuntan a que o nome provén da perda dun prefixo medieval orixinal, posiblemente derivado dunha designación señorial ou feudal asociada ás posesións do contorno (como o veciño lugar do Donón), evolucionando dende formas máis complexas ata a denominación actual. O antigo nome medieval podería ser a denominación: Donerga ou Dominiculi, facendo referencia ás posesions dun antigo señor feudai do area
Gastronomía Nerga non posúe unha gastronomía propia como tal, se non adopta comidas da zona, como os demais concellos e as aplica na súa localidade, un exemplo de gastronomía local pode ser o polbo á feira, mexillóns ou berberechos, toda a súa comida esta relacionada có mar, xa que Nerga e o mar están vinculados directamente.
Clima e condicións marítimas A praia de Nerga presenta unha orientación cara ao oeste, o que a converte nun areal moi protexido dos ventos predominantes do norte. Esta característica xeográfica fai que as súas augas sexan habitualmente tranquilas e seguras para o baño, sendo un refuxio climatolóxico moi concorrido na comarca durante o verán. Aínda que pode haber días nos que o mar ponse moi bravo e picase moito, ademas de que xeneranse remolinos de vez en cando no agua
Notas
Lugares e parroquias Lugares do Hío
Parroquias de Cangas de Morrazo
Véxase tamén Outros artigos
Lugares de Cangas de Morrazo
Categoría:Lugares de Cangas de Morrazo Categoría:Ría de Vigo