Higashine (東根市, ひがしねし, Higashine-shi) é un concello da prefectura de Yamagata no Xapón. Está situado no centro da rexión de Tōhoku e no centro-leste da prefectura, e ó leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 207,17 km², a poboación é de 46.155 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 223 h/km². Antes da Restauración Meiji, era unha parte da provincia de Dewa, e despois da provincia de Uzen.
O concello de Higashine limita cos concellos de Yamagata, Tendō, Kahoku, Murayama, Obanazawa (que son da prefectura de Yamagata); e Sendai (este último é da prefectura de Miyagi).
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Higashine .
Categoría:Prefectura de Yamagata Categoría:Concellos do Xapón