dereita|miniatura|Muller rubia, co pelo avermellado e a pel clara pola carencia de pigmento marrón. O rubio/roibo ou roxo é unha cor de pelo un chisco alaranxada, entre castaño e amarelo, cun matiz vermello. Nalgúns tons destes pelos predomina o vermello, noutros o laranxa, noutros o cobrizo. Así mesmo, a pel dos individuos destas características capilares é a miúdo clara e ten unhas manchas tamén características, as pencas. Isto é debido a que carecen dun pigmento castaño, a eumelanina e á presenza maioritaria ou exclusiva de feomelanina, asociadas a unha distribución particular dos melanocitos e dos melanosomas na pel. Aproximadamente, entre un 1% e un 2% da poboación humana é rubiaRed Alert! The Washington Post. 19-03-2002. Consultado o 06-02-2007.National Geographic, setembro de 2007.
Os rubios na cultura popular galega Galicia é unha das rexións do mundo onde abundan as persoas de pelo roxo ou rubio, aínda que en menor medida que en Escocia e Irlanda. Os refráns e ditos galegos sempre teñen unha actitude negativa cara estes individuos, considerándoos sinais de má sorte:
Na aldeíña da Torre/ non entra un carro con toxo/ por causa dunha meniña/ que ten o peliño roxoA Torre é unha aldea de Vilagarcía de Arousa Cando o río fose enriba/ e os carballos deren uvas/ han de ser homes de ben/ os homes de barbas rubias.
Notas
Véxase tamén Bibliografía The Red Head Book (1985). Allen Sacharov. The Redhead Encyclopedia (1996). Stephen Douglas. The Ginger Survival Guide (2006). Tim Collins. Redheads (2000). Uwe Ditz. Roots of Desire: The Myth, Meaning and Sexual Power of Red Hair (2005). Marion Roach. The Redhead Handbook (2003). Cort Cass. I Have Red Hair (2009). Krobatsch, Jason.
Ligazóns externas
Xenética do pelo roxo Ollos azuis e pelo rubio
Outros artigos Cor do pelo Louro Cabelo
Categoría:Cor de pelo