Biarritz (en francés: Biarritz, en éuscaro: Biarritz ou Miarritze, en gascón, Biàrritz) é unha cidade e comuna francesa situada no departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania. É unha das principais localidades do territorio vascofrancés de Labort, e forma xunto con Baiona o Anglet a Comunidade de aglomeración do País Vasco, a área urbana máis importante da rexión.
Bañada polo mar Cantábrico (golfo de Biscaia), atópase moi preto de Baiona e de Anglet e a 20 quilómetros da fronteira con España. A unha distancia de 40 quilómetros atópase a cidade de Donostia, desenvolvida como cidade balneario pola realeza española seguindo o modelo de Biarritz.
O casino de Biarritz foi inaugurado o 10 de agosto de 1901 e as súas praias fan da cidade un centro turístico. O surf ten en Biarriz un dos puntos máis importantes para a súa práctica. Biarriz vive de face ao mar, pois foi na súa orixe unha vila baleeira. No século XIX os médicos recomendaban os baños de mar en Biarritz polas súas propiedades terapéuticas.
Biarritz alcanzou a fama en 1854, ano en que a Emperatriz Eugenia, a esposa de Napoleón III, fixo construír un Palacio na praia, coñecido actualmente como Hôtel du Palais. A Familia Real Británica pasou tempadas en Biarritz.
Cultura
Bibliotecas A biblioteca / mediateca Verdun, principal de Biarritz, está aloxada nun edificio do arquitecto François Lombard, rematado no centro da vila en 2005.
Dispón dunha completa páxina web,https://www.mediatheque-biarritz.fr/ en francés e éuscaro.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Cidades de Francia Categoría:Concellos do departamento dos Pireneos Atlánticos