A Reigosa é un lugar da parroquia de Tourón, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2022 tiña 208 habitantes (109 homes e 99 mulleres).

No lugar está o polígono industrial da Reigosa, anexo ao polígono industrial do Campiño. Neste lugar atópase a fábrica de Tafisa e as instalacións de Distribucións Arnoia e da conserveira Orbe entre outras empresas.

Na Reigosa hai un colexio de primaria, que dá servizo ás parroquias de Xustáns, Taboadelo e Tourón.

Lugares e parroquias Lugares de Tourón

Parroquias de Ponte Caldelas

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ponte Caldelas

Categoría:Lugares de Ponte Caldelas