Bruno Cardeñosa Chao, nado en Ourense en 1972, é un xornalista, escritor e reporteiro de radio, prensa e televisión, así como un dos ufólogos españois máis coñecidos.
Traxectoria Estudou periodismo na Universidade de Bilbao. Dende o 27 de outubro de 2007 presenta e dirixe o espazo radiofónico de Onda Cero La Rosa de los Vientos, tralo falecemento do seu director e creador Juan Antonio Cebrián; previamente formou parte do equipo de colaboradores deste programa dende 1999, intervindo na Tertulia Zona Cero, presentando unha sección propia e facéndose cargo do programa nos meses de agosto durante varias tempadas. Dende o 19 de setembro de 2007 é o director da revista Historia de Iberia Vieja (editada por América Ibérica).
Foi copresentador, xunto a Manuel Carballal, do programa radiofónico "Mundo Misterioso" (1994-1999), traballou coma redactor da revista Enigmas e colaborou no programa Channel nº4 (da cadea de televisión Cuatro). Con anterioridade foi redactor da revista Año Cero e redactor xefe da publicación Más allá.
Obras 50 años de ovnis: las mejores evidencias (América Ibérica), ISBN 84-88337-28-0 Los archivos secretos del Ejército del Aire (Bell Book), ISBN 84-923786-1-1 20 relatos inquietantes (Corona Borealis, 1995), en colaboración con VV.AA., ISBN 84-95645-22-X El código secreto (Grijalbo, 2001), ISBN 84-253-3587-6 La invasión OVNI: La evidencia que los gobiernos ocultan (Nowtilus, 2002), ISBN 84-9763-028-9 100 Enigmas del Mundo (Corona Borealis, 2003), ISBN 84-95645-60-2 11-S. Historia de una infamia (Corona Borealis, 2003), ISBN 84-95645-53-X 11-M. Claves de una conspiración (Espejo de tinta, 2004), ISBN 84-96280-05-5 La jugada maestra. ¿A quién beneficia realmente el nuevo terrorismo mundial? (Temas de hoy, 2005), ISBN 84-8460-430-6 Enigma (con Carlos Canales, Jesús Callejo e Juan Antonio Cebrián) (Temas de hoy, 2005), ISBN 84-8460-451-9 El día de mañana. Incógnitas del futuro (Temas de hoy, 2006), ISBN 84-8460-516-7 El Gobierno invisible. Think-tank: los hilos que manejan el mundo (Espejo de tinta, 2007), ISBN 84-96280-00-2 El misterio OVNI: Un alto secreto al descubierto. Investigaciones y evidencias (Nowtilus, 2008) Mentiras populares. Leyendas urbanas y otro engaños (Espejo de tinta, 2008), ISBN 84-96280-24-8 20 historias inquietantes (Minotauro, 2009), en colaboración con VV.AA., ISBN 978-84-450-7741-2 Expedientes del misterio (Libros Cúpula, 2009), ISBN 978-84-480-4842-6
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Bruno Cardeñosa Ficha en Lecturalia Pequena biografía
Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1972