Suzuka (鈴鹿市, すずかし, Suzuka-shi) é un concello da prefectura de Mie no Xapón. Está situado ao norte da prefectura, na área norte da provincia histórica de Ise, ao sur da rexión de Chūbu, ao oeste da rexión de Tōkai e ao leste da rexión de Kinki, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 194,67 km², a poboación é de 198.363 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.020 h/km².

O concello de Suzuka limita cos concellos de Yokkaichi, Kameyama, Tsu (que son da prefectura de Mie); e Kōka (este último é da prefectura de Shiga).

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Suzuka .

Categoría:Prefectura de Mie Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Rexión de Kinki Categoría:Concellos do Xapón