Ureshino (嬉野市, うれしのし, Ureshino-shi) é un concello da prefectura de Saga no Xapón. Está situado ao noroeste da rexión de Kyūshū e ao sur da prefectura, na illa de Kyūshū. A súa superficie é de 126,51 km², a poboación é de 29.135 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 230 h/km².
O concello de Ureshino limita cos concellos de Takeo, Shiroishi, Kashima (que son da prefectura de Saga); de Hasami, Kawatana, Higashisonogi e Ōmura (que son da prefectura de Nagasaki).
Historia A cidade de Ureshino foi fundada pola fusión dos concellos das vilas de Shiota e Ureshino do distrito de Fujitsu no ano 2006.
Véxase tamén Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Ureshino .
Categoría:Prefectura de Saga Categoría:Concellos do Xapón