Kani (可児市, かにし, Kani-shi) é un concello da prefectura de Gifu no Xapón. Está situado no centro da rexión de Chūbu e da rexión de Tōkai, e ao sur da prefectura, na zona da provincia histórica de Mino, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 87,60 km², a poboación é de 99.203 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.130 h/km².

O concello de Kani limita cos concellos de Sakahogi, Minokamo, Yaotsu, Mitake, Toki, Tajimi (que son da prefectura de Gifu); e Inuyama (este último é da prefectura de Aichi).

Categoría:Rexión de Chūbu Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Concellos do Xapón