Sōsa (匝瑳市, そうさし, Sōsa-shi) é un concello da prefectura de Chiba no Xapón. Está situado ó sur da rexión de Kantō e ó leste da prefectura, na zona da provincia histórica de Shimōsa, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 101,78 km², a poboación é de 40.685 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 400 h/km².
O concello de Sōsa limita cos concellos de Yokoshibahikari, Tako, Katori e Asahi.
Historia A cidade de Sōsa foi fundada pola fusión do concello da cidade de Yōkaichiba e o concello da vila de Nosaka do distrito de Sōsa o 23 de xaneiro de 2006.
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Sōsa .
Categoría:Prefectura de Chiba Categoría:Concellos do Xapón