miniatura|dereita|Michel Nostradamus Nostradamus, nado o 14 de decembro de 1503 e finado o 2 de xullo de 1566, foi un médico e consultor astrolóxico provenzal de orixe xudía. Está considerado un dos máis célebres autores de profecías. A súa obra profética foi publicada por vez primeira en 1555.

Boa parte dos seus seguidores afirman con rotundidade que Nostradamus foi quen de predicir todas as catástrofes do mundo, dende as acontecidas na súa época até as do vindeiro ano 3797 da nosa era, data en que supuxo que terá lugar a fin do mundo. Así mesmo, o autor colaborou coa aristocracia francesa, elaborando horóscopos para a raíña Catarina de Medici, predicindo sorprendentemente a morte do rei Henrique II e, ao cabo, sendo asignado como médico da corte real por Carlos IX.

Véxase tamén Outros artigos Nostradamus, filme de 1994.

Categoría:Personalidades de Francia Categoría:Astroloxía Categoría:Nados no departamento de Bocas do Ródano Categoría:Nados en 1503 Categoría:Finados en 1566 Categoría:Profetas