Na mitoloxía grega Zeus (en lingua grega Ζεύς), Zeús Kroniōn («descendente de Crono») ou Dias (Δίας, «rei divino») foi o soberano dos deuses e o deus do ceo e mais do trono. Na mitoloxía romana correspóndese con Xúpiter, protector da cidade de Roma desde o seu templo no Capitolio. Zeus deu orixe a boa parte dos deuses olímpicos e tamén á maioría dos heroes gregos, froito das relacións sexuais que tivo con diferentes mulleres mortais. Como deus supremo e garante do equilibrio universal, administraba xustiza entre deuses e homes.
Mitoloxía Deus supremo da relixión grega, Zeus era fillo de Cronos e de Rea, pai e soberano dos deuses e dos homes. Mantén a orde e a xustiza no mundo, vixiando o mantemento dos xuramentos. Afírmase que dispensaba bens e males entre deuses e homes, e Homero di que na porta do seu palacio había dúas xerras contendo os bens, unha, e os males, a outra, e vai sacándoos alternativamente. Crese tamén que provocaba a chuvia, o raio e o lóstrego.
Cronos, que temía o cumprimento dunha profecía que anunciaba que sería derrocado por un dos seus fillos (como fixera el co seu pai Urano), devoraba a tódolos fillos que lle daba a súa muller. Esta, ó quedar embarazada de Zeus, fuxiu, para salvalo, á illa de Creta, onde tivo o seu fillo en segredo e retornou ao Olimpo, simulando alí que estaba de parto. A Cronos entregoulle unha pedra envolta en teas, simulando ser un meniño, e aquel tragouno sen decatarse do engano Velaí outra analoxía de Zeus con Cronos: os dous foron os máis novos das súas estirpes.. As diferentes tradicións dan distintos lugares de nacemento: a máis estendida sitúao no monte Exeo, no monte Ida ou no monte Dicte, os tres en Creta; pero Calímaco faino na Arcadia (no Peloponeso).
miniatura|esquerda|Rea, os Curetes danzando e Amaltea aleitando a Zeus (gravado de 1811, segundo un baixorrelevo romano).
Rea deixou ó seu coidado ós Curetes (nove divindades fillos de Apolo e Danais) e ás ninfas Melisa (que o alimentaba con mel) e Amaltea (representada como a cabra que daba o leite necesario para criar a Zeus meniño E cando esta morreu, Zeus fíxose un escudo ou armadura da súa pel: a éxida.). Para protexer a Zeus e que os espías de Cronos (os corvos) non o descubrisen, o berce do meniño estaba colgado do teito, de forma que non formaba parte do ceo nin da terra, e os Curetes cantaban e bailaban golpeando os seus escudos e armas para disimular os prantos de Zeus.
Unha vez adulto, e axudado por Metis, a Prudencia, filla de Océano, entrou no Olimpo durante un dos banquetes dos Titáns e deulle a beber a Cronos unha droga que o obrigou a vomitar a tódolos irmáns (que seguiran medrando no ventre de Cronos). Deu comezo entón a Titanomaquia, longa guerra na que durante dez anos se enfrontaron Zeus e os seus irmáns contra os Titáns.
Aconsellado por Xea, nai de Cronos, Zeus matou a Campe, gardián do Tártaro, e permitiu que os Ciclopes e os Hecatonquiros saíran del.Ciclopes e Hecatonquiros foran encerrados no Tártaro por Cronos, polo seu aspecto monstruoso, o que encolerizou a Xea, nai destas criaturas. Por iso axudaba a Zeus contra Cronos. Ó ser liberados, os Ciclopes forxaron o raio, que regalaron a Zeus xunto o lóstrego e o trono; o casco da invisibilidade, que regalaron a Hades; e o tridente, que regalaron a Poseidón, armas que resultaron fundamentais para a vitoria de Zeus e os seus.
Unha vez rematada a guerra coa vitoria dos deuses olímpicos, Zeus e os seus irmáns repartíronse o mundo de xeito que Zeus quedou como soberano do ceo, Poseidón do mar e Hades co mundo subterráneo. Esta repartición ben puido facerse por sorteo, segundo Pseudo-Apolodoro, ben por decisión de Zeus como rei superior, segundo Hesíodo.
Aínda tivo Zeus que afrontar dúas guerras máis, contra os Xigantes (Xigantomaquia) e contra Tifón, en ambos casos promovidas por Xea, furiosa ó ver encerrados no Tártaro ós seus fillos, os Titáns. Zeus resultou vitorioso nas dúas contendas.
Iconografía miniatura|esquerda|Representación hipotética do Zeus de Fidias Zeus represéntase na Grecia antiga como un home adulto, barbado e de longa cabeleira, co torso nu. Na Grecia clásica (a partir do VII a.C.) adoita aparecer cos seus atributos máis característicos, armado dun raio e acompañado dunha aguia. Adoita levar na man esquerda unha lanza ou cetro (por veces coroado por unha aguia), como símbolo de poder, e a Niké, deusa da forza, a velocidade e a vitoria, na dereita.
O momento do seu matrimonio sagrado con Hera recolleuse en frescos romanos en Nápoles e relevos do templo de Hera en Selinunte (ó oeste de Sicilia). Zeus represéntase sentado no seu trono, recibindo a Hera que chega cuberta co seu veo nupcial.
O seu animal representativo é a aguia, na que podía transformarse e viaxar desapercibido. Ben sexa por medio da propia aguia, ben sexa transformado el en aguia (explicación máis común), Zeus raptou a Ganímedes, fillo dun rei troiano, que tiña sona de ser o mozo máis fermoso dos mortais, para convertelo no seu copeiro no seu palacio no Olimpo.
Quizais a imaxe soada sexa o Zeus criselefantino Construído en ouro e marfil. esculpido por Fidias para o templo do deus en Olimpia, unha das sete marabillas do mundo antigo.
Nas idades Moderna e Contemporánea, Zeus foi reproducido numerosas veces en pintura e escultura, grazas -en boa parte- ó éxito que tiveron as edicións das Metamorfosis de Ovidio.
Matrimonios, relacións e descendencia miniatura|esquerda|Atenea nace da cabeza de Zeus (cerámica de figuras negras, 550-525 a.C., Louvre) Zeus tivo numerosas relacións e numerosos fillos, tanto con deusas como con mulleres mortais. Non faltaron tampouco relacións homosexuais, como a que mantivo con Ganímedes.
A súa primeira esposa foi Metis, filla de Océano e Tetis. Aínda que esta se resistiu e intentou escapar adoptando distintas formas, a unión consumouse e tiveron unha filla, Atenea (a preferida de Zeus). Xea anunciou a Zeus que sería destronado polo fillo da súa filla e, para evitalo, Zeus comeu a Metis cando soubo que estaba embarazada. Chegado o momento do parto, sufriu fortes dores de cabeza, e Hefesto (ou Prometeo, segundo outras fontes) abriulle a cabeza cun machado, e así puido nacer Atenea, adulta, armada de lanza, coiraza e casco, e exclamando alaridos de guerra. Atenea sería a deusa da guerra xusta. A segunda esposa foi Temis, unha das titánides, coa que tivo as Horas (Eirene, a Paz; Eunomía, as Disciplina; e Dice, a Xustiza) e as Moiras. As Moiras tamén poden describirse como fillas de Zeus e Nix (a Noite), ou que esta as procreou por si mesma, sen pai.
Con Dione, outra titánide, procreou a Afrodita, aínda que resulta máis común a tradición de que esta naceu no mar directamente dos órganos sexuais de Urano, castrado por Cronos.
Con Eurínome, outra filla de Océano, tivo as tres Grazas: Aglaia Eufrósine e Talía. Outras fontes din que eran fillas de Hera e Dioniso, ou de Helios e a náiade Egle.
Con Leto, filla de Ceo e Febe tivo dous fillos xemelgos: Artemisa e Apolo. Cando Hera soubo que Leto quedara embarazada, envioulle a Pitón para que a perseguise por todas as terras e evitar así que puidese dar a luz en ningún lugar iluminado polo sol. Incluso prohibiu á súa filla Ilitía, deusa dos partos, que a atendese, e só cando Leto xa ten un atraso de 9 días os deuses conmovéronse das súas dores e permitiron o parto, facendo que naza primeiro Artemisa e que esta, acabada de nacer, axude á súa nai no nacemento de Apolo.
Da unión con Mnemósine, outra titánide, naceron as nove Musas. Para Pausanias houbo outra xeración de Musas, anterior a estas, que eran fillas de Urano e Xea.
Casou con súa irmá Deméter, coa que tivo unha filla, Perséfone, que foi raptada por Hades e converteuse na raíña do inframundo.
De todas formas, a súa esposa principal foi Hera, tamén a súa irmá. Cóntase que Zeus, para superar o rexeitamento dela, transformouse en paxaro, quizais un cuco, mollado nun día de treboada. A deusa acolleuno entre os peitos para quentalo e nese momento Zeus recuperou o seu ser e violou a Hera e así, ela non tivo máis remedio que aceptar a Zeus e casar con el. A voda, coñecida como Hierogamia, celebrouse no Olimpo, de forma fastosa: Zeus e Hera entraron sobre un carro nupcial guiado por Eros, coa presenza de tódolos deuses, e prolongouse durante 300 anos. Entre os regalos recibidos destacan as mazás de ouro, regalo de Xea, que Hera plantou logo no xardín das Hespérides.
Pero Hera terminou volvéndose extremadamente celosa ante as frecuentes aventuras de Zeus, e vingativa, sobre todo contra as amantes de Zeus e contra os fillos que tivo con elas; o caso das manobras de Hera contra Heracles (xenreira especialmente significativa, e xa cando o heroe só tiña oito meses mandoulle dúas grandes serpes para que o comeran) ou Dioniso, tamén fillo de Zeus). Evitar ser descuberto para gardarse dese perigo explicaría boa parte das metamorfoses do deus. Con Hera tivo tres fillos: Hebe, Ilitía e Ares. Homero, na Ilíada, conta que tamén houbo un cuarto fillo, Hefesto, aínda que tradicionalmente se fai fillo só de Hera, que o procreou soa "Hera, sen unión amorosa -enfureceuse e enfadouse co seu esposo-, deu a luz ó famoso Hefesto, que supera coas súas mans a tódolos Uránodes" (Hesíodo: Teogonía 928-930).. De Hefesto dise que foi quen forxou o raio de Zeus e o tridente de Poseidón (que Hesíodo di que foron obra dos Ciclopes tras ser liberados do Tártaro), ademais doutras armas para Eros, Aquiles ou Afrodita.
Ademais das relacións e descendencia que tivo coas deusas, Zeus mantivo constantes relacións amorosas con mulleres mortais ou outras mulleres non divinas, que lle deron numerosos fillos. Conseguía os seus favores metamorfoseándose en diferentes animais ou outras entidades (touro, cisne, persoas, sátiro, chuvia de ouro etc.). miniatura|esquerda|Dánae, de Gustav Klimt (1907) Con Níobe, filla do rei do Peloponeso, tivo dous fillos, Argos (non confundir con Argos Panoptes) e Pelasgo (antecesor dos pelasgos, antigo pobo predecesor dos helenos). Para Pseudo-Apolodoro, Níobe foi a primeira muller mortal coa que mantivo relacións sexuais Biblioteca mitológica II, 1, 1.. Con Dánae tivo un fillo, Perseo, tras tomar a forma de fina chuvia de ouro e poder entrar así na torre onde a tiña pechada o seu pai Acrisio. Segundo Eurípides, esa chuvia de ouro simbolizaría o poder absoluto da riqueza. Coa ninfa Exina, filla do río Asopo, tivo un fillo, Éaco, o máis piadoso de tódolos gregos, polo que foi nomeado por Zeus como un dos tres xuíces (con Radamantis e Minos) que xulgaban as almas dos mortos para decidir se merecían ir ó Tártaro ou á Illa dos Benaventurados. Sísifo revelou a Asopo que Zeus raptara á súa filla Exina, polo que o deus castigouno a subir unha gran rocha ata o cume dun monte, rocha que caía rodando cando xa estaba a piques de conseguilo. Coa oceánide Pluto, filla de Océano e Tetis, tivo outro fillo, Tántalo, outro dos que remataron sendo condenados a torturas eternas no Tártaro. Coa sacerdotisa de Hera Ío tivo un fillo, Épafo. Seduciuna convertido en néboa. Para salvar a Ío da vinganza de Hera, Zeus converteuna logo en becerra (ou vaca) branca. miniatura|esquerda|Gustave Moreau: O rapto de Europa (c. 1869) Tras raptar a Europa (princesa de Tiro, a actual Fenicia) convertido nun touro branco, levouna a Creta sobre o lombo Heródoto explica que realmente foi raptada por mariñeiros cretenses, que a levaron á súa patria., e tivo tres fillos: Sarpedón, Minos e Radamantis (os dous últimos, xuíces no Hades, con Éaco). Así, dise que Europa foi a primeira raíña cretense.
Con Calisto, unha ninfa ou a filla do rei Licaón, e compañeira de caza de Artemisa, tivo outro fillo, chamado Arcas ou Árcade. Para seducila, transformouse na propia Artemisa, polo que Calisto non sospeitou. Hera converteu a Calisto en osa, como castigo polas súas relacións con Zeus e Artemisa matouna coas súas frechas, pero Zeus converteuna na Osa Maior. Crese que os arcadios (no Peloponeso) son os descendentes deste fillo.