A filantropía é o amor ao xénero humano e todo o que á humanidade representa, particularmente na súa forma positiva e construtiva, expresado na axuda aos outros sen que necesariamente se precise dun intercambio ou interese ningún nunha resposta. Un concepto asociado cando se introducen connotacións relixiosas é a caridade. As denominacións correspondentes para a persoa son filántropo, filántropa (adxectivo e substantivo) e para a súa obra filantrópico, filantrópica (adxectivo).

dereita|miniatura|Placa en agradecemento a Anselmo Villar e Luisa Bernal en Malpica.

Os esforzos filantrópicos son realizados por parte de individuos ou grupos de individuos organizados (como Fundacións). O normal é que posúan unha alta capacidade económica ou de influencia, e moitas veces tamén unha capacidade intelectual notable: polímatas, polifacéticos e políglotas. Baséanse en donativos a organizacións humanitarias, persoas, comunidades, ou no traballo de cooperación motivado por un fin humanitario, tal que o traballo de voluntario para dar apoio a institucións que teñen o propósito específico de axudar aos seres vivos e mellorar as súas vidas.

En Galicia moitos esforzos filantrópicos procederon de políticos locais que chegaban a cotas de poder a nivel estatal, ou de empresarios estranxeiros de éxito instalados en Galicia, ou de indianos ou benfeitores e magnates, que dende a distancia ou ó regresar beneficiaban a súa vila natal ou familiar con escolas, institutos, museos, centros de investigación, empresas, torneos, concursos ou premios, circos (o de Benposta), viaxes sanitarias (expedición da vacina), fundación de sociedades ou academias (a RAG), financiamento de equipos deportivos, axuda ós emigrantes etc. É por isto que en moitos casos están asociados fortemente a unha localidade (ou institución): Eusebio da Guarda, Jaime Ozores de Prado, Manuel Piñeiro Pose: A Coruña Jorge Dorribo, Antonio Fernández López, Álvaro Gil Varela: Lugo Manuel Misa Bertemati: Baiona, Vigo, Porto do Son, Xerez da Fronteira, Murcia, Cuba, Westminster Camilo Veiga Prego, Policarpo Sanz, Ramón Nieto, Norberto Velázquez Moreno, Martín Echegaray: Vigo Xosé García Barbón: Vigo, Verín Enrique Peinador Lines: Vigo, Mondariz (e RAG) Doutor Marescot: Pontevedra Casimiro Gómez Cobas: Pontevedra, Cerdedo Cotobade, Lalín Plácido Castro Rivas e Fernando Blanco de Lema: Cee/Fisterra Xesús Canabal: O Pino, Uruguai Pedro Murias e Jesús Rodríguez Murias: Ribadeo Xan de Forcados: O Saviñao / Terra de Lemos Matías López López: Sarria Vicente Casabella: Ourol Enrique Santamarina Becerra e Leonardo Santamarina: A Fonsagrada, Oza dos Ríos (e RAG) Francisco Domínguez Mosquera: Carballedo Alfredo Álvarez Pérez e Guillermo Álvarez Pérez: Cortegada Rogelio García Yáñez: Ramirás José María Vidal Cepeda: Padrón Conde Cabanelas: A Lama Manuel Cordo Boullosa: Ponte Caldelas José Félix Soage Villarino: Cangas do Morrazo Francisco Nogueira Fraguas: Bueu Porén, este labor de mecenado abranguía ocasionalmente eidos máis extensos. Ocasionalmente tamén se levaba a cabo por parte de relixiosos ou de mulleres, tanto como xestión dunha herdanza como do seu propio patrimonio: Teresa Herrera: A Coruña Emilia Pardo Bazán: A Coruña (e RAG) Corona González Santos: O Porriño, Ribadeo Ángela Santamarina Alduncín: Ourense, Poio O labor filantrópico, caritativo e de beneficencia non sempre é completamente altruísta e desinteresado, pois pode producir beneficios, vantaxes ou desgravacións fiscais a persoas físicas ou xurídicas.

*