Kinokawa (紀の川市, きのかわし, Kinokawa-shi) é un concello xaponés da prefectura de Wakayama. Está situado no centro-sur da rexión de Kinki, ao norte da prefectura, na illa de Honshu. A súa superficie é de 228,24 km², a poboación é de 66.355 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 291 hab./km².

A cidade de Kinokawa foi fundada pola fusión de 5 concellos de vilas do distrito de Naga (Uchita, Kokawa, Naga, Momoyama e Kishigawa) no ano 2005.

O concello de Kinokawa limita cos concellos de Iwade, Wakayama, Kainan, Kimino, Katsuragi (que son da prefectura de Wakayama); Sennan, Izumisano, Kaizuka e Kishiwada (que son da prefectura de Osaca).

Categoría:Rexión de Kinki Categoría:Concellos do Xapón