Bonrepòs i Mirambell é un concello da Comunidade Valenciana, situado na zona norte da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord. Ten 3.132 habitantes (2008).

Xeografía O escaso termo municipal dun quilómetro cadrado está situado na Horta de Valencia. A súa superficie é totalmente chá cunha lixeira pendente de noroeste a sueste sen que exista ningún accidente xeográfico. O barranco de Carraixet exerce de límite polo oeste e o sur do municipio. O clima é mediterráneo. Os ventos dominantes do norte, poñente e levante, sendo este último o que provoca as choivas, xeralmente de outono a primavera.

Bonrepòs i Mirambell limita coas localidades de Almàssera, Tavernes Blanques, Vinalesa e coa cidade de Valencia. O principal núcleo de poboación é a vila de Bonrepós, situado na marxe esquerda do barranco de Carraixet. O casarío de Mirambell, forma case un só núcleo urbano con Bonrepòs, e existe poboación diseminada por varios casais, coñecidos localmente como alqueries.

Historia A orixe da poboación é a alquería musulmá de Bonrepòs que tras a conquista por parte de Xaime I pasou a ser territorio de reguengo. Próximo a esta atopábase o casarío de Mirambell que foi poboado por mouriscos até a súa expulsión do Reino de Valencia en 1609.

En 1472, Xoán II doa as terras de Bonrepóò a Francesc Jardí de Menaguerra. Durante o século XVI prodúcense varios cambios de donos pasando a mans dos Montoliu e os Mirasol i Talamantes. En 1574 Bonrepòs segrégase da parroquia de Carpesa dependendo dela Mirambell e Cases de Bàrcena.

Finalmente co aumento demográfico do século XX unifícanse os núcleos de poboación de Bonrepós e de Mirambell.

Demografía Bonrepòs i Mirambell conta cunha poboación de 3.132 habitantes en 2008 atopándose o seu casco urbano conurbado ao de Almàssera.

Evolución demográfica1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2005 2007 643 727 820 1.010 1.361 1.308 1.613 1.754 2.701 2.536 2.283 2.735 3.047

Economía A economía da localidade dependeu tradicionalmente da agricultura sendo o 100% dos seus cultivos de regadío, con todo ao longo do século XX xurdiron diversas industrias lixeiras. Hai gando vacún, porcino e varias granxas avícolas. Ademais funciona unha fábrica de fertilizantes.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial de Bonrepòs i Mirambell Sociedade Musical de Bonrepòs i Mirambell

Categoría:Cidades da Comunidade Valenciana Categoría:Concellos da provincia de Valencia Categoría:Área metropolitana de Valencia