A princesa prometida (en ) é un filme estadounidense dirixido por Rob Reiner que se estreou en 1987. Está baseada na novela homónima de 1973, da autoría de William Goldman, que combina comedia, aventura, amor e fantasía. O filme foi dirixido por Rob Reiner sobre un guión do propio Goldman. Entre outros actores, Billy Crystal, Peter Falk ou Fred Savage atópanse no elenco.

Sinopse A narración está enmarcada por unha escena en que un neno enfermo na cama acepta sen ganas que o seu avó lle lea unha "historia de princesas e vinganza". O filme segue o fío da historia, interrompida polos comentarios do neno, cada vez máis interesado, e do avó:

Unha fermosa moza de nome Buttercup vive nunha granxa no país de Florin. A cada orde que dá ao seu criado Westley, este responde sempre "como desexe", e a fai rapidamente. Buttercup acaba por darse de conta que a frase "como desexe" significa que a ama. Xúranse fidelidade eterna e Westley marcha procurar fortuna para poder casar. Porén, o seu barco é atacado polo terrible pirata Roberts, coñecido por non deixar superviventes. Cinco anos máis tarde, crendo a Westley morto, Buttercup casa de mala gana co príncipe Humperdinck, herdeiro do trono de Florin.

Personaxes Cary Elwes como Westley Robin Wright como Buttercup Chris Sarandon como Príncipe Humperdinck Mandy Patinkin como Inigo Montoya Christopher Guest como Conde Tyrone Rugen André Roussimoff como Fezzik Wallace Shawn como Vizzini Peter Falk como O avó/Narrador Fred Savage como O neto Billy Crystal como Miracle Max Carol Kane como Valerie Peter Cook como The Impressive Clergyman Mel Smith como O Albino Anne Dyson como A raíña Margery Mason como A anciá Booer Malcolm Storry como Yellin Willoughby Gray como O rei Betsy Brantley como A nai

Produción Dende 1973, ano da publicación da novela de William Goldman, 20th Century Fox asegurou os seus dereitos de adaptación en 500 000 dólares. Richard Lester foi contratado para dirixir o filme e a produción estaba a piques de comezar cando o director de produción de Fox foi despedido. O proxecto deixouse de lado e Goldman mercou todos os dereitos de adaptación. Máis tarde, Rob Reiner namorouse da novela e conseguiu asegurar os dereitos de adaptación grazas ao apoio financeiro de Norman Lear.

A rodaxe tivo lugar do 18 de agosto ao decembro de 1986 en Bakewell, Burnham Beeches, Castleton, os cantís de Moher, Sheffield e os estudos Shepperton.

A música do filme foi composta por Mark Knopfler, a excepción dos créditos finais compostos e interpretados por Willy DeVille.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía Goldman, William, Which Lie Did They Tell?, Bloomsbury, 2000

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo 'A princesa prometida', esta noite na TVG

Categoría:Filmes de 1987 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Rob Reiner Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes sobre vodas Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1987 con versión en galego