300px|miniatura|Praza co castelo ao fondo Peñaranda de Duero é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 569 habitantes (INE 2013).

Etimoloxía O seu nome vén do céltico Penna-Aranda, cidade da pena, e o río Douro.

Monumentos Castelo Orixinal do século X, construído con motivo da repoboación, con Fernán González; foi reformado completamente no século XV. Levántase airoso vixiando a vila; a torre da homenaxe inmutable destaca sobre os restos de muralla. Desde a altura hai unha magnífica vista do casarío sobre o que se levanta impoñente a silueta da igrexa Santa Ana; e, ao fondo, da veiga do Arandilla. Muralla Consérvanse dúas das tres portas da muralla que se construíu no século XV Palacio de Avellaneda Construído no século XVI por encargo de Francisco de Zúñiga e Avellanada e no que, segundo crese, puido traballar Francisco de Colonia. A portada loce o escudo dos Zúñiga entre tenantes e no seu interior, traspasando o vestíbulo de entrada, ábrese un elegante patio señorial con galería dobre, desde o que se accede ás habitacións nobres belamente decoradas con espléndidos artesoados e. No Salón de Embaixadores preside unha elegante cheminea de estucos, e destaca aí pola súa orixinalidade unha galería para os músicos. Veciña ao palacio preside, no centro, a praza unha picota ou rolo xurisdicional de elegantes liñas góticas. Igrexa Antes coñecida como Colexiata de Santa Ana, comezada en 1540 presenta portada barroca, no interior retablo neoclásico presenta en altorrelevo á santa titular, obra de Alfonso Bergaz e coro tallado en nogueira. Na súa portada ten tres bustos romanos de Clunia. Convento De San José do Carmen, foi levantado no século XVI Botica Farmacia dos Jimeno do século XVII que ten museo. Hoxe en día segue en funcionamento, é unha das máis antigas de España.

Ligazóns externas

Deputación Provincial de Burgos - Peñaranda de Duero Visita virtual a Peñaranda de Duero

Categoría:Concellos da provincia de Burgos