María Concepción Blanco Blanco, nada en Lires (Cee) o 19 de xuño de 1950, é unha pedagoga, mestra e escritora en lingua galega, xa xubilada. Dende o comezo da súa actividade editou libros de materia pedagóxica. Foi unha das primeiras autoras de materiais didácticos para o ensino do galego.

Traxectoria Con 6 anos comezou os estudos na escola local e aos 10 anos trasladouse a Ferrol para cursar Bacharelato no Instituto Concepción Arenal. Estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. O seu labor docente empezou na Escola de Nemiña (Muxía). Logo pasou ás localidades do Ézaro (Dumbría), Brens (Cee), Dumbría (Dumbría) e Cee, onde impartiu clases no CPI Eugenio López coma mestra de lingua e literatura galega e no IES Agra de Raíces como profesora de lingua galega e literatura.

É coordinadora e coautora de varios libros de texto de Primaria e Secundaria ademais das correspondentes guías didácticas. Foi correspondente de prensa durante varios anos e colaborou cos seus alumnos en programas de radio. Impartiu e coordinou cursos de Lingua Galega, proxectos de formación do profesorado e Xornadas da Nosa Lingua.

Vida persoal

É parella do profesor e escultor Manuel Canosa Santamaría, e nai de Ana e mais María Canosa Blanco.

Recoñecemento Foi nomeada pola AELG Escritora na súa Terra en 2021.

Obra Literatura infantil-xuvenil Contos prá escola, 1981. Con ilustracións de X. Vilasantar. (Ediciós do Castro). O Planeta ceboleiro, 1982. (Premio O Facho non publicado de maneira individual). Os habitantes de Nepecifonilandia, 1983. (Premio O Facho incluído na publicación colectiva "8 contos") Chuchamel, 1988. Con ilustracións de Carolina, Daniel e Aleixo Díaz. (Ed. do Castro). O noso Pepe, 1988. Con ilustracións de X. Vizoso. (Ed. do Castro). ¿Andrómenas?, 1989. Con ilustracións de Julio Gutiérrez Mas. (Ed. S.M.). A misteriosa montaña de Pena Negra, 1991. Con ilustracións de Cristina Losantos. (Editorial Maxisterio-Casals). A vaca titiriteira, 1991. Con ilustracións de Mari Fe Quesada. (Editorial Bruño). O milagre de Carola, 1992. Con ilustracións de X. Vizoso. (Ed. do Castro). A papoula era máxica, 1994. Con ilustracións de X. Vizoso. (Ed. do Castro). A camioneta da media risa, 1995. Con ilustracións de Manuel Uhía Lima. (Ed. Bruño). Marcelo non me toma o pelo, 1995. Con ilustracións de Vicente Blanco. (Sotelo Blanco). Segunda edición no 2001. A Disco Ecoloxista, 1995. Con ilustracións de Francisco Mantecón. (Do Cumio). Segunda edición no 2001. A Maxia da Bóla Metálica e outros contos, 1995. Con ilustracións de Francisco Mantecón. (Ed. do Cumio). O vestido de Cora, 1996. Con ilustracións de Jesús Fernández. (Ed. Sotelo Blanco). Segunda edición no 2001. As loucas vacacións dunha formiga, 1996. Con ilustracións de Manuel Uhía. (Ed. Bruño). O aniversario de Ana, 1997. (Ed. Alfaguara Obradoiro). A aventura das cores, 1998. (Edicións Xerais). ¡A min que me importa!, 1999. (Ed. Bruño). Segunda edición no 2004. Foi traducida ao castelán e ao catalán. A casa de cartón, 2000. (Ed. Everest). Querido Iván, 2000. (Ed. Everest). Quero que veñan meus pais, 2000. (Ed. Casals). Reeditado en 2014 por Edicións Embora. Estela, a domadora de rás, 2002. (Ed. Ir Indo). Bianca, 2003. (Ed. Dixital). Boris, 2004. (Ed. Galaxia). Boris e compañía, 2005. (Ed. Galaxia). A bruxiña da sorte, 2005. (Ed. Obradoiro). Poemas para pintar, 2006. (Ed. Sotelo Blanco). Tita, 2006. (Ed. Everest). Reeditado en Aira Ed., 2024, con ilustracións de Miguel Robledo. Cantos da rula, 2008. (Ed. do Castro). Encontros ás agachadas, 2009. (Deputación de Ourense). Os poderes máxicos de Aitema, 2010. (Ed. Galaxia). Luces, bicos e cores, 2012. (Ed. Embora). Misterio Resolto, 2012. (Ed. Everest). Catuxa quere saber, 2012. (Ed. Everest). Cos ollos do avó, 2014. (Ed. Embora). As noites de Xián, 2014. (Ed. Xerais). A pantufla de Celia, 2015. (Ed. Hércules). Do re mi fantasía, 2016. (Bolanda). A bruxiña da sorte (Oqueleo, 2017) Macedonia de versos (Aira editorial, 2018) Oficios e profesións poemas son (Embora, 2020) Feminino singular, en plural (2020). Baía. 160 páxs. Un canto agradecido a mulleres que loitaron individualmentaae e con moitos atrancos pola súa colectividade. Eu tamén fun pequena (2023). Ilustracións de Dani Padrón. Vigo: Xerais. 104 páxs. ISBN 978-84-1110-407-4. ePub: ISBN 978-84-1110-421-0.

Narrativa Berta non soubo voar, 1995. (Editorial Pentalfa). Berta, 2001. (Editorial Ir Indo). Sara, 2004. (Editorial Casals). Habitación 202, 2008. (Ed. Everest). Nano, 2008. (Ed. Everest). Coa carauta posta, 2009. (Toxosoutos). O balcón do meu universo, 2015 (Embora).

Materiais didácticos Cousiñas prá escola, 1984. Con ilustracións de Carawane. (Ed. do Castro). Segunda edición no 1990. Libros de texto e guías didácticas Herdanza 5 (Coautora-coordinadora) Lingua Galega, 5º de Primaria. 1994 Ed. Bruño. Guía didáctica Herdanza 5. Herdanza 6 (Coautora-coordinadora Lingua Galega, 6º de Primaria Ed. Bruño. 1995. Guía Herdanza 6 Outeiro 6 (Coautora e asesora científica) Coñecemento do medio, 6º de Primaria. Ed. Bruño 1995 Guía Outeiro 6 Lingua Galega e Literatura 1º ESO (Coautora-coordinadora) Ed. Bruño. 1996 Guía didáctica Lingua Galega e Literatura 2º ESO (Coautora-coordinadora) Ed. Bruño 1997. Guía didáctica. 3 Unidades Didácticas colgadas na Rede da AELG. Experiencia didáctica colgada na Rede da AELG.

Obras colectivas 8 contos, 1989. Con ilustracións de Manuel Uhía. (Campaña de Lectura subvencionada pola Xunta de Galicia). E dixo o Corvo..., 1997. (Xunta de Galicia). Nós, 1997, Batallón Literario da Costa da Morte. Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso. O trasno rebuldeiro, Antoloxía de literatura infantil da Costa da Morte, 1997. Deixade pois que voe o Paporroibo, que nos conte contos, 1999. Catro contos para unha data, 2004. (Xunta de Galicia). A Coruña á luz das letras, 2008. Editorial Trifolium. Lecturas de aquí e acolá. Ditos sobre o libro e a lectura, 2009. Concello da Coruña. Cartas a Balbino: homenaxe a Xosé Neira Vilas, 2011 (Xunta de Galicia). Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico. O libro dos Reis Magos, 2012. Xunta de Galicia. Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013. Toxosoutos. Será correcto?, con María Canosa, 2016, Hércules de Edicións.

Traducións As tres xemelgas. Imaxinario. O meu primeiro dicionario de imaxes. Galego-Inglés. 2006. Ed. Bruño

Obras traducidas ¡A mí qué me importa! 1999. Ed. Bruño La vaca titiritera 2009. Ed. Bruño Juego de máscaras s 2012. Ediciones Atlantis La pantufla de Celia 2015. Ed. Hércules

Premios 3º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1982, por O planeta ceboleiro. 3º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1983, por Os habitantes de Nepecifonilandia. Segundo premio do Premio Barco de Vapor en 1988, por ¿Andrómenas?. Terceiro premio da Agrupación Cultural O Facho en 1991, por A vaca titiriteira. Finalista por tres veces do Premio Merlín (1996, 1999 e 2003). Accésit do Premio Lazarillo en 1997, por ¡A min que me importa!, traducida a catalán, castelán e valenciano. Premio Lecturas de Gálix no 2002. Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia en 2007, por Habitación 202. Finalista Premio Frei Martín Sarmiento en 2007, por A bruxiña da sorte. IV Premio Arume de poesía para nenos en 2008, por Cantos da rula. Premio Frei Martín Sarmiento en 2008, por Poemas para pintar. VI Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez en 2008 por Encontros ás agachadas. Finalista “Premio Frei Martín Sarmiento” en 2010 coa obra Habitación 202. Premio do certame poético Anduriña voandeira convocado pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi en 2014, por A mentira é un tirizó. Premio Frei Martín Sarmiento e 2020, por Macedonia de versos . Premio Insua dos Poetas 2023.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Cee Categoría:Nados en 1950