Brayan Alexis Angulo León, nado en Cali o 2 de novembro de 1989, é un futbolista colombiano. Xoga de defensa e o seu actual equipo é o Puebla FC.
Traxectoria Debutou no fútbol profesional colombiano xogando para o América de Cali na campaña 2005–06, equipo no que recalaría un ano máis para emigrar logo ao fútbol portugués. En 2008 xoga no Boavista FC e un ano máis tarde é contratado polo Leixões SC, que o cedeu durante un ano con opción de compra ao Deportivo da Coruña. En maio de 2010 anunciouse que non continuaría no club galego na campaña 2010–11."Angulo no llegó a un acuerdo con Depor"
O 9 de xullo de 2012, anunciouse a súa fichaxe polo Granada CF para a tempada 2012–13,El Granada ficha a Juanma Ortiz y Bryan Angulo tras pasar a campaña 2011–12 no Atlético Baleares de Segunda División B.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Ficha en bdfa.com
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Cali Categoría:Futbolistas de Colombia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do América de Cali Categoría:Xogadores do Boavista FC Categoría:Xogadores do Leixões SC Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do CD Atlético Baleares Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do PFC Ludogorets Razgrad Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Colombia